HomePontevedraGago esixe ao Goberno que se pronuncie e non indulte a un...

Gago esixe ao Goberno que se pronuncie e non indulte a un funcionario corrupto, militante histórico do PSdG, polo “escándalo” do Caso Cuñada

- Anuncio -spot_img

• O deputado do Grupo Popular asegura que, se o Goberno de Sánchez non tivese suficiente coa trama do Tito Berni, en Vigo está a padecerse “o maior caso de corrupción que se lembra en Galicia nos últimos anos, coa conivencia de Abel Caballero”

• Lembra o caso da cuñada da presidenta do PSOE de Galicia e presidenta da Deputación de Pontevedra, “enchufada nunha concesionaria do Concello de Vigo polo que cobrou 108.000 euros, sen facer ningún traballo, e o do funcionario que a enchufó”

• Destaca que o funcionario corrupto, condenado polo Tribunal Supremo a cinco anos de cárcere, solicitou o indulto ao Goberno argumentando como atenuante que “é militante socialista desde fai trinta anos e tamén da UXT”

• Relata que, nunha cidade na que se censuran lonas da candidata do PP, co silencio de Abel Caballero, está a vivirse un “escándalo de corrupción e presións sen precedentes”

• Pregunta á ministra de Xustiza por que once meses despois non se manifesta sobre esta petición de indulto e esixe que non se dea esa medida de graza a esa persoa, “aínda que sexa militante histórico do seu partido, e aínda que afecte a outros dous militantes históricos do seu partido”

Publicacións Relacionadas