Delfín Domínguez acudiu onte o Parlamento de Galicia para asistir o pleno onde o Grupo Socialista reclamoulle ao goberno galego que aprobe, dunha vez por todas, a declaración de emerxencia de interese galego nos concellos afectados polas intensas chuvias e neve do pasado Nadal.
Delfín Domínguez lamenta que a única resposta do conselleirode Presidencia fora amosarse “disposto a visitar aos concellos”, o que pon de manifesto a súa falla de compromiso e empatía coas veciñas e veciños de Ponteareas, xa que pasaron dous meses e medio e aínda
non foi ver o regueiro de danos ocasionados tanto en infraestruturas públicas como privadas, a pesar da petición que ten dos distintos gobernos dos concellos afectados.
Ó goberno do PP non está nin se lle espera, mentres que a Deputación de Pontevedra liderada pola socialista Carmela Silva xa aprobou unha liña de axudas de 2,7 millóns de euros, a Xunta de Galicia sigue sen declarar a emerxencia de interese galego para atender os danos existentes.
Delfín Domínguez, insta aos populares de Ponteareas a que se poñan do lado dos veciños e veciñas e reclámenlle a Xunta de Galicia un cambio de postura, non é de recibo que o PP lle negue fondos aos concellos para a reconstrución dos danos causados polos temporais.



