HomeBaixo MiñoA GuardaA I Marcha Enduro BTT celebrase na Guarda o domingo 19 de...

A I Marcha Enduro BTT celebrase na Guarda o domingo 19 de marzo

- Anuncio -spot_img

• As inscricións están abertas na web www.fgalegaciclismo.es

Na xornada deste xoves día 9 de marzo a Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes e o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, participaron xunto con algúns dos organizadores, na presentación da primeira edición da Marcha Enduro BTT, un evento deportivo que se celebrará na Guarda o vindeiro domingo día 19 de marzo.

Tal e como explicaron nesta presentación os organizadores da proba, trátase dunha proba BTT de Enduro que contará cun total de 25km de distancia cun desnivel aproximado de 1003 metros. A proba estará dividira en 4 tramos, un deles será cronometrado, percorrendo diferentes espazos do Monte Santa Trega e o Monte Torroso.

A saída da proba está marcada para as 9:00h dende a Alameda da Guarda, lugar que tamén servirá de meta, onde se entregarán os premios para as dúas categorías e agasallos para todos e todas as participantes.

A I Marcha Enduro BTT é unha proba de dificultade media-alta, na cal os participantes deberán sacar o máximo partido ás súas bicicletas con zonas moi técnicas nas cales a destreza dos deportistas será moi importante.

As inscricións están abertas a través da web www.fgalegaciclismo.es cun prezo de 13€ para deportistas federados e 23€ para non federados.

Publicacións Relacionadas