HomeO SalnésA Illa de ArousaO concello de A Illa organiza un curso de fotografía con perspectiva...

O concello de A Illa organiza un curso de fotografía con perspectiva de xénero

- Anuncio -spot_img

As persoas participantes construirán narrativas feministas que desmonten os argumentarios dos sistemas patriarcais

A Concellalía de Igualdade de A Illa de Arousa completa a programación do 8M coa celebración dun curso de fotografía, para mulleres e homes, no que as persoas inscritas traballarán na construcción das narrativas feministas que desmontan os argumentarios dos sistemas patriarcais que consolidan e replican a violencia de xénero na sociedade. Paralelamente traballarán cuestións máis prácticas como o uso dunha cámara, os seus obxetivos, a iluminación de escenas, a composición fotográfica, etc.

“A intención é poñer o foco nun discurso creativo que poña de relevancia a necesidade de abordar esta problemática social desde múltiples enfoques e miradas”, explica Salomé Franco, concelleira de Igualdade, que encaixa esta actividade no marco das accións financiadas polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

O curso, que será gratuito, conta con prazas limitadas polo que as persoas interesadas deberán inscribirse canto antes chamando en horario ao Concello (986 52 70 80). As clases comezarán o 17 deste mes de marzo e prolongaranse ata o 19 de maio, todos os venres en horario de 18 a 20 horas.

Esta actividade dará continuidade á celebrada o ano pasado, no que o curso de fotografía serviu para poñer en funcionamento unha pequena comunidade de persoas interesadas pola fotografía que serviu para mostrar outros roles das mulleres na comunidade.

Nesta edición a actividade propón un salto na creación de traballos que se poidan mostrar na comunidade “e abrir así unha reflexión sobre os procesos que seguen a manter a violencia sobre as mulleres e a necesidade de xerar novas narrativas na erradicación da violencia de xénero”, explica Salomé Franco.

Publicacións Relacionadas