HomeOurenseResumo de acordos da Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense...

Resumo de acordos da Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense do 9 de marzo de 2023

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense, reunida esta mañá no salón de plenos, deu conta de 11 expedientes achegados por diferentes áreas e servizos municipais.

Avogacía consistorial (4). Coñecéronse catro sentenzas. Dúas ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia: a primeira desestima o recurso municipal fronte á resolución de primeira instancia nun asunto de índole urbanística; a segunda desestima o recurso dunha aseguradora nun caso de incapacidade temporal. As outras dúas, ditadas polo Contencioso Administrativo 1 de Ourense: a primeira desestima a petición dunha empresa mercantil nun asunto de publicidade institucional do Concello; a segunda estima o recurso dun particular polos danos producidos no seu vehículo cando foi recollido polo guindastre

Aperturas (1). Concedeuse unha licenza de obra para adaptar un baixo a despacho profesional, na estrada da Granxa.

Xestión urbanística (2). Aprobáronse dúas liquidacións de xuros por expropiacións en diferentes zonas da cidade.

Patrimonio (2). Desestimáronse dúas reclamacións de responsabilidade patrimonial por parte do Concello. Por unha caída na rúa do Progreso, ao non ser o Concello o organismo competente para facelo; e polos danos ocasionados nun vehículo na estrada de Montealegre, por non atender o interesado os requirimentos para completala.

Rehabilitación, VPP e PERIS (1). Apróbase unha subvención de 3.029,40 euros en favor do propietario dunha vivenda na rúa Camelias, pertencente á Área de Rehabilitación e Rexeneración Urbana (ARRU) O Polvorín – As Camelias – A Carballeira, para financiar os gastos de insonorización de teitos e de paredes.

Contratación (1). Apróbase o expediente para contratar, en dous lotes, o servizo de mantemento de equipos do centro de proceso de datos do Concello de Ourense até 2025.

Publicacións Relacionadas