Home A Coruña O Concello de San Sadurniño destinará os 72.812 € do Plan de...

O Concello de San Sadurniño destinará os 72.812 € do Plan de camiños da AGADER ao aglomerado e asfaltado na zona da Abelleira e Racamonde

- Anuncio -

Na zona tamén se investirán outros 74.400 euros en reparacións viarias financiadas pola Deputación

O Diario Oficial de Galicia publicou a principios deste mes de marzo o reparto dos fondos do Plan de mellora de camiños rurais 2023-24 da AGADER. A San Sadurniño correspondéronlle preto de 73.000 euros de achega que se destinarán a continuar mellorando a rede viaria da zona máis elevada do municipio. Neste sentido, o Goberno local xa encargou o proxecto para renovar o firme entre o cruzamento da Grúa -no límite coa Capela- e núcleo da Abelleira, en Naraío, ademais de reparar a pista que vai desde alí até o lugar de Racamonde. O investimento total está cuantificado en algo máis de 88.000 euros.

O proxecto, neste momento en fase de redacción, tentará acomodar ao orzamento dispoñible o aglomerado da estrada municipal que conecta o desvío da Grúa coa Abelleira, así como a reparación -tamén con firme aglomerado- da pista pola que se serven as vivendas deste último lugar. A execución desta obra virá darlle continuidade a outras actuacións efectuadas nos últimos anos na banda sur do Concello de San Sadurniño, co obxectivo e darlle maior ancho e durabilidade a todos os tramos que conectan o fondo de Naraío co límite da Capela.

Neste sentido, desde 2020 leváronse a cabo os treitos Eirexado-Lourido, Lourido-Quintiá e Quintiá-Cruzamento da Grúa. É dicir, 4,6 quilómetros de percorrido aos que agora se lle van sumar outros 1.100 metros co mesmo firme. Ademais, dentro deste proxecto tamén se contempla a reparación integral -neste caso con asfalto- da pista que vai desde A Abelleira ata Racamonde de Arriba (cerca de 1,5 km), seriamente danada en varios puntos.

Estas melloras viarias, orzamentadas en 88.200 euros, non serán as únicas na zona. Con cargo a fondos provinciais tamén se van asfaltar outras pistas que enlazan co eixo A Grúa-A Abelleira: son a do Lugar do Monte (870 m), a pista do Pousadoiro (1.290 m) e un tramo de 300 metros en Racamonde de Abaixo. O investimento previsto nestoutro paquete viario é de 74.742,84 euros, e nel inclúese a reparación do camiño de Solposto (730m), en Igrexafeita, e un tramo interior de 90 metros en Lourido, en Naraío.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas