HomePontevedraO SalnésA Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés segue a efectuar xestións...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés segue a efectuar xestións para mellorar a cobertura de Atención Primaria de Meis

- Anuncio -spot_img

― Así mesmo, o Servizo Galego de Saúde mantén o seu firme compromiso para que esta localidade conte cun novo centro de saúde dotado cunha maior carteira de servizos sanitarios públicos, premisa coa que coincide co Consistorio meisense


― A ausencia dun médico, en período vacacional previo á súa xubilación, cóbrese 3 días á semana cunha prolongación de xornada pola mañá e a ausencia da outra medico en Meis é puntual, pois corresponde ao disfrute de días de libre disposición

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés segue a efectuar xestións para mellorar a Atención Primaria no Concello de Meis, mantendo así mesmo o seu firme compromiso para que esta localidade conte cun novo centro de saúde dotado cunha maior carteira de servizos sanitarios públicos, premisa coa que coincide co Consistorio meisense e co que a Consellería de Sanidade xa asinou un convenio o pasado mes de outubro que regulará a construción dun novo centro de saúde para este municipio pontevedrés -que contará con preto de 1.000 m2 e que substituirá ás actuais instalacións sanitarias-.

A colaboración entre ambas administracións vai permitir que o novo centro de saúde de Meis sexa o primeiro dos proxectos en construírse, dos que se inclúen na Fase 2 do Plan de Infraestruturas Sanitarias da Xunta, dado que o Executivo galego incrementou nun 25% a partida dos Orzamentos deste ano destinada a construción e reforma dos centros de atención Primaria -este investimento supera os 40 millóns euros-.

Continuidade das xestións administrativas
Aínda que tanto o Sistema Nacional de Saúde coma os servizos autonómicos de saúde continúan cun déficit de persoal substituto para cobrer a totalidade das ausencias dos seus profesionais -ben por vacacións ou ben por incapacidades temporais de diversa índole- a Administración Sanitaria Pública galega segue a efectuar xestións administrativas para acadar profesionais que efectúen coberturas de Atención Primaria.

No caso de Meis, dáse nestes intres a ausencia dun médico, en período vacacional previo á súa xubilación -ausencia que se está a cobrer 3 días á semana cunha prolongación de xornada pola mañá-. Confome á normativa vixente, o SERGAS ofertará administrativamente de novo a cobertura desa praza médica en canto sexa efectiva dita xubilacion. Por outra banda, a ausencia provisional da outra medico en Meis é puntual, pois corresponde ao disfrute de días de libre disposición.

Publicacións Relacionadas