HomeO SalnésA Illa de ArousaA Deputación inica o proceso de licitación de mellora na seguridade viaria...

A Deputación inica o proceso de licitación de mellora na seguridade viaria da EP 9801

- Anuncio -spot_img

As empresas interesadas poden consultar as bases a través do portal de licitación do ente provincial para unha obra cun orzamento de 293.461 euros

A xunta de goberno da Deputación aprobou o inicio de proceso de licitación da mellora da mellora da seguridade na EP 9801 Ponte-A Laxes, unha actuación financiada íntegramente polo ente provincial e que ten un orzamento de saída de 293.461,64 euros.

As empresas interesadas en presentar a súa oferta para facerse con esta obra poderán consultar as bases e os prezos no Portal de Licitación da Deputación de Pontevedra, dando comezo así un procedemento administrativo que se extenderá durante pouco menos de dous meses ata o inicio das obras que se executarán nun prazo de 3 meses.

Esta actuación, nunha estrada que vertebra o termo municipal de A Illa de Arousa, mellorará a calidade do tráfico no principal vial de acceso ao centro do municipio e que entronca coa obra de recuperación de espacios e mellora da mobilidade peonil na Avenida Castelao, que está en execución e ten un orzamento de 1.160.220,16 euros.

Segundo explica Luis Arosa, concelleiro de Servizos, o proxecto inclúe a reparación da estrada mediante a execución de saneos e fresado dunha franxa lateral da capa de rodadura existente. Posteriormente, procederase á aplicación dun tratamento superficial e a reposición do firme existente mediante a extensión dunha capa de formigón bituminoso en quente. Contará tamén con pasos de peóns sobreelevados. Finalmente, repoñerase a sinalización horizontal e vertical, imprescindible para garantir unha boa calidade da seguridade viaria, tanto para o tráfico rodado como para os viandantes.

As obras foron aprobadas pola Deputación Provincial na xunta de goberno celebrada esta mañán e contarán cun prazo de execución de tres meses a contar desde a adxudicación das mesmas.

O Concello agradece á Deputación de Pontevedra a receptividade que ten cos proxectos propostos desde A Illa de Arousa e que veñen a equilibrar unha débeda histórica da entidade para cos veciños e veciñas arousáns, neste caso en materia de seguridade viaria e recuperación do espacio público para as personas.

Publicacións Relacionadas