HomePontevedraBaixo MiñoAlfonso Rueda encarga a Nico Montes a tarefa de “crear riqueza en...

Alfonso Rueda encarga a Nico Montes a tarefa de “crear riqueza en Tui e recuperar o tempo perdido” cando sexa alcalde

- Anuncio -spot_img

Nico Montes lidera un proxecto “de xente nova e loitadora que comparte a mesma paixón e ilusión” por servir aos veciños de Tui

● O presidente do Partido Popular de Galicia apoiou a candidatura de Nico Montes en Tui porque “non é sinxelo ter un líder tan valente e que xa teña definido un equipo forte e preparado” para chegar ao Goberno local

● Encargoulle a tarefa de “recuperar o tempo e as oportunidades perdidas” por un alcalde que “non tiña moitas ganas de presentarse ata que coñeceu o nome do candidato do PP e non tivo máis remedio que facelo”

● Alfonso Rueda sinalou que, fronte aos que “sempre pensan nos partidos antes que no seu pobo”, o PP en Tui ofrece un proxecto forte e unido no que “non sobra a opinión de ninguén e no que todos os veciños e as veciñas se poden sentir identificados cun candidato que sabe como coidalos”

● O líder dos populares galegos asegurou que Nico Montes “será intelixente para crear riqueza e apoiar o emprendemento en Tui” nunha época na que outros gobernantes se dedican a “perseguir, culpar e sinalar aos autónomos e aos empresarios das dificultades económicas da xente“

● Rueda reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia para rematar a Vía de Alta Capacidade (VAC) entre Tui e A Guarda, entre o polígono empresarial de Areas e a autovía A-55, así como para apoiar a conexión ferroviaria con Portugal

● Así mesmo, prometeu que volverá a Tui na campaña electoral: “Votar ao PSOE nas municipais non é votar só ao candidato socialista, é darlle forzas a Pedro Sánchez para que siga na Moncloa co escándalo do Tito Berni e sen recoñecer que a Lei do só si é si vai rematar grazas aos votos do PP”

● Alfonso Rueda concluíu asegurando que o PPdeG terá “moitas alegrías” o 28 de maio e mostrándose convencido de que Nico Montes vai ser o novo alcalde de Tui: “A vitoria dos populares de Tui contribuirá para que Alberto Núñez Feijóo o teña un pouco máis fácil nas xerais. Estamos preparados”

NICO MONTES: “TUI NECESITA UN PROXECTO NOVO CON URXENCIA”

● O candidato do PP á alcaldía asegurou que “Tui necesita un proxecto novo con urxencia, capaz de dar resposta a todos os retos que temos por diante. Os tudenses precisan ilusión, ambición e crer no futuro. O Goberno local transmite desgana, apatía, desunión e falta de enerxía”

● Nico Montes prometeu aos seus veciños que liderará un proxecto “coa mesma paixón e ilusión” coa que xestiona o seu negocio, xoga ao baloncesto ou comparte o seu tempo libre coa súa familia. “Estou convencido de que somos imparables. Queda moito traballo por facer, pero somos un partido que se crece ante as adversidades e no que os seus militantes son capaces do mellor”, destacou

● Para o alcaldable só existe unha maneira de gañar as eleccións municipais: “Temos que estar unidos. A forza do noso grupo é a garantía da vitoria. Nin o Partido Popular nin Tui se merecen menos”

● “Poño voz a un grupo de mulleres e homes mozos, loitadores, preparados e acostumados a solucionar e xestionar os problemas do día a día. Únenos un sentimento común por Tui e as ganas de servir á nosa cidade e devolverlle todo o que nos deu”, concluíu

Publicacións Relacionadas