Home O Morrazo Cangas O goberno local contempla a instalación dun baño autolimpable no parque infantil...

O goberno local contempla a instalación dun baño autolimpable no parque infantil “Pereiro Francés”

- Anuncio -

A infraestrutura, presentada ao Plan Concellos, garante a accesibilidade e contará con carteis en Braille

O goberno local de Cangas recurre ao Plan Concellos para instalar un baño púbico, autolimpiable, no parque infantil “Pereiro Francés”, na Alameda Vella; un entorno cercano á pista polideportiva e a unha ampla zona verde que concentra moita poboación tanto infantil como persoas maiores.

A proposta remitida pola xunta de goberno á Deputación cifra o investimento en 42.350 euros, dos que 12.887 serán asumidos con fondos propios polo Concello de Cangas e 29.469 financiados con cargo ao Plan Concellos.

“Recibimos numerosas peticións de uso dunha infraestrutura destas características que permita cubrir as necesidades hixiene das persoas usuarias e que complemente e mellore o propio parque infantil. O emprazamento previsto tivo en conta tamén os puntos de conexión”, explica Victoria Portas, alcaldesa de Cangas. Ademáis de garantir a accesibilidade, a instalación contará con carteis exteriores e interiores con instrucións de uso en galego, castelán e Braille e no que se indentificarán tamén os horarios.

Segundo se recolle na memoria técnica será un aseo autolimpiable para uso mixto, antivandálico, con diámetro de xiro interior de 1800 milímetros para cumprir a normativa vixente de non discriminación e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida e que teña unha superficie útil mínima para as persoas usuarias de 5,50 metros cadrados.

Esta instalación contará con limpeza e desinfección automática de todo o pavimento e inodoro con bloqueo da porta de entrada e sistema de seguridade para impedir o seu funcionamento mentres se atope unha persoa no interior da cabina.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas