HomePontevedraDezaÉxito da excursión organizada polo Concello de Vila de Cruces a Portugal

Éxito da excursión organizada polo Concello de Vila de Cruces a Portugal

- Anuncio -spot_img

• Preto de 200 veciños e veciñas da vila gozaron dun día cheo de cultura, historia e gastronomía en Portugal grazas ao esforzo de todas as persoas que o fixeron posible.

O pasado sábado día 11, o Concello de Vila de Cruces organizou unha excursión a Portugal na que participaron preto de 200 veciños e veciñas da vila. Durante a excursión, os participantes puideron gozar dun día cheo de cultura, historia e gastronomía en Portugal, grazas ao esforzo de todas as persoas que o fixeron posible.

A excursión comezou cedo pola mañá, ás 8:00 horas, a primeira parada foi no entorno de Vilanova de Cerveira visitando tamén a súa famosa feira , onde os participantes puideron gozar dun ambiente festivo. Despois gozaron dun xantar nun restaurante portugués, onde degustaron algúns dos pratos máis tradicionais da súa gastronomía entre os que se atopaban o caldo verde e por suposto o Bacallau.

Posteriormente, a excursión continuou coa visita ao impresionante complexo relixioso Bom Jesus de Braga, onde os participantes puideron desfrutar dunhas vistas impresionantes e coñecer a historia e a cultura do lugar.

O alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, aproveitou a ocasión para agradecer o traballo de todas as persoas que fixeron posible a realización desta excursión, en especial aos choferes dos autobuses e as guías que atenderon os veciños e veciñas en todo momento, e destacou a importancia deste tipo de eventos para fomentar o turismo e o intercambio cultural entre ambos países.

Durante a excursión organizada polo Concello de Vila de Cruces, algúns veciños expresaron persoalmente o seu agradecemento ao responsable de Cultura e Turismo, Julio López, pola iniciativa e polos éxitos das mesmas.
Algúns deles afirmaron que, aínda que no pasado se realizaran excursións, estas están sendo realmente especiais e diferente a todas as anteriores.

Ante o recoñecemento dos participantes, Julio López afirmou estar moi satisfeito co resultado da excursión e comprometeuse a traballar xunto aos responsables para organizar a seguinte. Tamén destacou a importancia deste tipo de eventos para fomentar o turismo e a cultura na zona e para ofrecer aos veciños e veciñas de Vila de Cruces a oportunidade de coñecer lugares e tradicións diferentes.

En definitiva, a excursión organizada polo Concello de Vila de Cruces foi todo un éxito e contou coa aprobación e agradecemento dos participantes, quen xa agardan con entusiasmo a próxima excursión.

Publicacións Relacionadas