HomePontevedraO SalnésO PSdeG de Vilagarcía lamenta a falta de prudencia e descoñecemento da...

O PSdeG de Vilagarcía lamenta a falta de prudencia e descoñecemento da oposición nas valoracións da sua candidatura

- Anuncio -spot_img

Dende a candidatura socialista poñen en valor a época de maior investimento en política deportiva que tivo Vilagarcía, lembrando que xa están en marcha dúas melloras históricamente reivindicadas, como o arranxo do pavillón de Fontecarmoa e a ampliación da piscina municipal.

Dende a agrupación local pregúntase irónicamente “cal é o criterio” para considerar errada unha xestión que recibiu unha maioría absoluta e todas as enquisas a favor, pero estimar acertada a que apenas ten 1 concelleira no pleno

Dende a agrupación socialista de Vilagarcía consideraron hoxe totalmente desafortunadas e faltas de prudencia e descoñecemento as valoracións feitas por Marea da Vila a conta da presentación da candidatura socialista. Apuntaron que “mentres os socialistas somos os primeiros en presentar a nosa candidatura completa, porque temos claro o que queremos e estamos traballando arreo por Vilagarcía, hai partidos que nin sequera respectan iso e pretenden criticar dos demáis o que eles no son quen de facer”.

Os socialistas consideran que tanto a xestión do goberno municipal coma o equipo que presentaron esta fin de semana para as vindeiras eleccións son moi valorados pola cidadanía dende os distintos sectores. “Xa que hai partidos que, en vez de falar do que propoñen, adícanse a falar máis dos demáis sen aparentar moito coñecemento, cabería que fosen algo honestos nas súas avaliacións”, apuntaron dende a agrupación socialista.

Lembra o PSdeG que, a pesares de ser a lexislatura na que houbo que afrontar unha pandemia, o deporte de Vilagarcía tivo os orzamentos máis altos da súa historia, o que permitiu manter liñas de axudas incluso durante os tempos en que prácticamente non existía actividade e que, por poñer un exemplo, hoxe Vilagarcía teña dous proxectos de reforma de instalacións deportivas de enorme calado. Estes investimentos son a ampliación da piscina municipal e a mellora do pavillón de deportes de Fontecarmoa, no que non se escoitou á oposición municipal esixir da Xunta de Galicia o compromiso de investimento como si fixo e conseguiu o goberno municipal. Aí si que eran necesarios, pero prefiren estar na confrontación que na solución. Sería unha oposición máis útil se defenderan a Vilagarcía e ás súas necesidades e vez de buscar polémicas estériles baseadas no descoñecemento e na crítica barata.

Dende a agrupación local socialista pregúntanse cal é o criterio que usa Marea da Vila para considerar que está errada unha política deportiva que recibiu a confianza dos cidadáns por dous mandatos, con maioría absoluta no segundo, e que segue a recibir o apoio que amosan as enquisas, pero non reflexionar sobre se está errada a proposta de quen ten apenas unha soa concelleira. Piden, a partir disto, que todos os partidos sexan quen de construír unha campaña electoral chea de propostas e con debates sensatos sobre os distintos temas que afectan a Vilagarcía, e desexan que non se converta nunha competición para ver quen critica máis sen ofrecer ningunha idea.

Publicacións Relacionadas