HomeO SalnésA Illa de ArousaO goberno respalda a recollida de sinaturas do sector bateeiro local e...

O goberno respalda a recollida de sinaturas do sector bateeiro local e pon planillas a disposición da cidadanía

- Anuncio -spot_img

Piden que se lles facilite recoller a mexilla necesaria para o cultivo do mexillón

O Concello de A Illa de Arousa respalda a campaña de recollida de sinaturas promovida polo sector bateeiro local coa que avalarán a súa reclamación á Xunta de Galicia da eliminación do artículo 13 do Decreto 153/2019, facilitando deste xeito que os bateeiros poidan recoller a mexilla necesaria para as súas bateas.

As dependencias municipais serán por tanto un dos moitos lugares de A Illa no que se facilitarán planillas de firma a todas as persoas que queiran apoiar esta campaña na que os seus promotores recordan á Xunta que do cultivo do mexillón dependen en Galicia, de forma directa ou indirecta, máis de 20.000 familias e recordan que en decembro d0 2019 a Xunta aprobou un Decreto que lle supuxo ao sector a pérdida da maior parte da súas zonas de extracción de mexilla.

O goberno local da Illa xa respaldou noutras ocasións iniciativas do sector bateeiro local. Recentemente o alcalde de A Illa, Carlos Iglesias, e o concelleiro de Servizos, Luis Arosa, acompañaron ao sector arousán no debate dunha Proposición Non de Lei prantexada polo grupo socialista destinada a afrontar a realidade da escaseza de mexilla e os problemas derivados da decisión do goberno autonómico de limitar a súa extracción na costa galega.

Desde o goberno local de A Illa recordan que a modificación unilateral da normativa que impediu recoller mexilla en case todos os lugares da costa onde esta se da en boa cantidade está na orixe dun problema que afecta ao sector bateeiro arousán, preocupado pola máis que probable perda de calidade do produto que terá unha nefasta repercusión económica no tecido productivo arousán.

Tanto Carlos Iglesias como Luis Arosa defenden unha saída consensuada a este conflicto na que se escoiten as voces de bateeiros e percebeiros, coa mediación técnica necesaria baseada en informes reais e actuais, xa que os utilizados pola Xunta teñen máis dunha década.

Publicacións Relacionadas