HomeOurenseOurenseO Concello de Ourense abrirá o 10 de abril o prazo de...

O Concello de Ourense abrirá o 10 de abril o prazo de solicitude do bono de 100 € para consumir no comercio local

- Anuncio -spot_img

As bases foron aprobadas esta mañá nunha Xunta de Goberno Local extraordinaria

Os establecementos interesados en adherirse á campaña, comercios locais con menos de 50 empregados deberán facelo a partir do 23 de marzo a través da páxina web, a mesma canle que deberán empregar as persoas solicitantes, desde o 10 de abril

O bono poderá trocarse en todo tipo de establecementos hostaleiros, e comercios polo miúdo até o 10 de maio

O Concello de Ourense deu hoxe un paso importante para poderlle ofrecer á cidadanía o bono de 100 euros para o consumo libre no comercio local. As bases desta iniciativa foron aprobadas nunha sesión extraordinaria de Xunta de Goberno Local, e establecen que se poderá solicitar desde o 10 de abril.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, explicaba ao remate da sesión que, se ben é unha medida para apoiar a hostalaría e o comercio local, poderase beneficiar toda a cidadanía: “É un bono de 100 euros para incentivar o consumo no comercio local, e poderanse gastar libremente en calquera tipo de establecemento: tendas de alimentación, hostalaría, ferraxerías, calzado… até se poderá empregar no cine e concertos”.

A medida vai dirixida a pequenos establecementos e comercios, empresas locais de menos de 50 persoas empregadas, que deberán adherirse á campaña poñéndose en contacto co Concello de Ourense desde o 23 de marzo a través das canles que se habiliten especificamente.

Un mes para gastar 100 euros. Todos os/as ourensás que o soliciten terán un mes para trocar este bono de 100 euros no comercio local: do 10 de abril ao 10 de maio de 2023. Para solicitalo, haberá que encher un sinxelo trámite a través da páxina web do Concello de Ourense.

Publicacións Relacionadas