Van desde o 1º curso da ESO até o 1º de Bacharelato, e estarán na nosa cidade até o 18 de marzo
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, acompañado polo tenente de alcalde, Armando Ojea, recibiu esta mañá, no salón de plenos, os alumnos de intercambio que, procedentes da localidade Wimille (Pas-de-Calais, Francia), realizan un intercambio escolar no IES AS Lagoas.
O rexedor tivo a oportunidade de explicarlles que somos unha cidade con excelente gastronomía, e intercambiou anécdotas con eles, ao tempo que lles desexou unha acolledora estancia en Ourense. Trátase de 48 alumnos /as -desde 1º curso da ESO até 1º de Bacharelato- e 4 profesores /as, que estarán na nosa cidade do 13 ao 18 de marzo. O alumnado do IES As Lagoas devolveralles a visita do 21 ao 30 de marzo deste mesmo ano.
Wimille é unha poboación do norte de Francia, emprazada na rexión do Paso de Calais, no distrito de Boulogne-sur-Mer, con preto de 5.000 habitantes.



