HomePontevedraPoioO parque de Ánkar acollerá entre os días 27 e 29 unha...

O parque de Ánkar acollerá entre os días 27 e 29 unha unidade móbil do programa da Xunta “Coidados Porta a Porta” para persoas maiores

- Anuncio -spot_img

O departamento de Servizos Sociais, dirixido pola socialista Rosa Fernández, informa que nos vindeiros días 27, 28 e 29 de marzo a Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia habilitará unha unidade móbil no parque de Ánkar, na parroquia de San Salvador, do programa ‘Coidados porta a porta’. Trátase dunha iniciativa pensada para as persoas maiores, de xeito que poidan gozar, de maneira gratuíta, de diferentes prestacións asistenciais, para a prevención da dependencia. En concreto, a actividade está dirixida a persoas maiores de 55 anos.

Aínda que non é obrigatoria, recoméndase solicitar cita previa chamando aos teléfonos 622748283 ou 623546992. Os servizos que se prestan son de audioloxía, consistente en revisión e valoración auditiva, e podoloxía, para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés, como poden ser eliminación de durezas e control de unas.

Asemade, dentro do programa ‘Coidados porta a porta’ inclúese tamén o servizo de prevención de Alzheimer e outras demencias de carácter neurodexenerativo. Neste caso, realízanse probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envecellemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.

Publicacións Relacionadas