Home Ourense O Ribeiro César Fernández: “Ribadavia é o concello máis fermoso de Galicia, pero necesita...

César Fernández: “Ribadavia é o concello máis fermoso de Galicia, pero necesita un goberno dinámico para aproveitar todos os seu potenciais”

- Anuncio -

O cabeza de lista popular en Ribadavia nas eleccións municipais do 28 de maio destaca no podcast en Primeira Persoa do PPdG a súa paixón polo “servizo público da política”, e remarca o seu compromiso con contribuír a desenvolver todos os potenciais da súa vila

Licenciado en Filosofía e docente, César Fernández sinala que “sempre me gustou a filosofía. Teño moita curiosidade, e creo que estudar esta carreira foi unha das mellores decisións da miña vida. Entendo a filosofía coma unha cuestión de posición vital, de ter a capacidade de análise aberta a diferentes perspectivas, algo que pode ser moi útil na política”

“O piar básico da miña vida é a familia: é unha absoluta prioridade, sempre que podo estou con eles”
“Do meu concello gústame todo. Para min, Ribadavia é o concello máis fermoso de Galicia con moitísima diferencia. E este xuízo está perfectamente fundamentado: patrimonio natural, patrimonio histórico, patrimonio arquitectónico, o viño, a gastronomía… Ribadavia é un concello cunhas condicións inmellorables”

“En Ribadavia boto en falta máis dinamismo pola parte política. Os recursos, o potencial endóxeno, está aí, vén de seu nesta vila. Pero o que fai falla é un goberno capaz de aproveitar ao 100% os recursos que a día de hoxe están infrautilizados e infravalorados, e que deberían aportar moito máis á realidade de Ribadavia”

“Gústame moitísimo a música -o meu grupo favorito é Nine Inch Nails-, a literatura -con autores como George Orwell- ou o cine a través de directores como Stanley Kubrick ou David Lynch”

UN NOVO FORMATO PARA COÑECER DE PRETO AOS CANDIDATOS

O podcast en Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos das provincias galegas teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia
A máxima coa que se plantexan estas entrevistas é que os veciños poidan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun ton informal e próximo, mais aló de discursos políticos e ideoloxías

Relacionadas

O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a...

0
Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no...

A Xunta de Goberno Local concede 4 licenzas urbanísticas na súa sesión ordinaria desta...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe conceder 4 licenzas urbanísticas, para os proxectos de adaptación...

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación colabora con Adegal para dar formación e asesoramento a agricultores e gandeiros...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo no Pazo Provincial un encontro cos representantes da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da...

Publicacións Relacionadas