HomePontevedraA Favec apoia as reivindicacións da Policía Nacional en Vigo

A Favec apoia as reivindicacións da Policía Nacional en Vigo

- Anuncio -spot_img

A presidenta da entidade, María Pérez, anima aos veciños para participar na concentración do 22 de marzo fronte á comisaría

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao (Favec) traslada o seu apoio á concentración convocada para o próximo 22 de marzo por JUPOL, o sindicato maioritario da Policía Nacional. A presidenta da entidade veciñal, María Pérez, e José Manuel Costas, directivo, reuníronse hoxe con dous representantes da organización policial para coñecer as súas demandas e preocupacións.

“A Favec apoia a concentración do sindicato JUPOL da Policía Nacional porque as súas reivindicacións facémolas nosas, son reclamacións que compartimos os veciños de Vigo”, defende María Pérez, á vez que deixa claro a importancia de que este servizo “teña medios e efectivos suficientes para atender a todos”, polo que anima aos cidadáns para participar na concentración, que se celebrará fronte á comisaría da rúa Álvaro Cunqueiro desde as 18.00 horas.

Entre as preocupacións máis destacadas de JUPOL, que fai propias a Favec, están a degradación dos barrios; o aumento da criminalidade, con especial incidencia dos roubos a xente maior; a violencia contra os comerciantes; as continuas pelexas rueiras; ou as estafas. “Sen axentes, é imposible protexer aos veciños”, lamenta María Pérez, que pon o acento no incremento de delitos na Rede.

Publicacións Relacionadas