HomePontevedraA aula Universitaria da UNED en Vigo acolle este venres a presentación...

A aula Universitaria da UNED en Vigo acolle este venres a presentación do libro “Sementeira. Substrato dunha escola consciente” de Nuria Fernández Fariñas

- Anuncio -spot_img

Haberá unha mesa redonda coordinada por Xavier González e na que participarán ademais da autora, a médica antroposófica Rosa M. Conca e a educadora social Aurora Coego.

A aula Universitaria da UNED en Vigo acollerá o vindeiro venres 17 de marzo, ás 19 horas, a presentación do libro “Sementeira. Substrato dunha Escola Consciente”, de Nuria Fernández Fariñas, piscomotricista, mestra de educación infantil e primaria e licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación.

O acto contará cunha mesa redonda e un coloquio entre os relatores e o público presente e a continuación a autora, Nuria Fernández Fariñas, procederá a realizar unha firma de exemplares entre os asistentes.

A mesa redonda estará presentada e coordinada por Xavier González González, investidor, escritor, mentor e acompañante de persoas en crecemento persoal. Ademais da autora do libro asistirán como convidadas Rosa M. Conca Álvarez, médica antroposófica, arte terapeuta, formada en Pedagoxía Waldorf, biógrafa e médica escolar da Escola Waldorf Meniñeiros. Tamén formará parte deste elenco de participantes Aurora Coego, educadora social con máis de 15 anos de experiencia en entidades do terceiro sector, en programas e proxectos sociais, acompañando a persoas nos seus procesos de autonomía. Mentora en procesos de empoderamento persoal e de auto-responsabilización como base para un mundo máis xusto. Formada en coaching, PNL, empoderamento de mulleres e tutorización on-line. A procura do benestar persoal, o crecemento espiritual e o equilibrio forman a base do seu estilo de vida, o que a levou a crear a “Mentoria e Escola Activa Autora Coego”.

A UNED en Vigo dirixe esta presentación a mestres, pedagogos, psicólogos, filósofos ou calquera persoa interesada no cambio educativo, o crecemento persoal, a espiritualidade e o espertar da consciencia. Os obxectivos que se perseguen con esta actividade son promover o cambio educativo, reflexionar sobre os fins educativos, fomentar o autoconocimiento e o crecemento persoal, espertar consciencias e contribuír á creación dunha sociedade reflexiva, crítica, integra, fraternal e consciente.

SINOPSE DO LIBRO

Sementeira é unha obra versátil que aúna crecemento persoal, fundamentos educativos e a frescura da rega e abono de numerosos autores. A través da analogía da educación cunha planta, desde as sementes que habitan as aulas ata as colleitas ansiadas. Os educadores e familias transfórmanse en verdadeiros xardineiros a atalantar o seu crecemento. A mirada mestra da autora concibe a educación como un proceso orgánico en conexión profunda coa existencia e o espertar da consciencia.

Segundo Nuria Fernández, “a revolución pedagóxica consciente empeza por cada un de nós. Sementeira, non é un método, só pretende achegar lucidez e consciencia ao camiño andado nas Ciencias da Educación, rumbo a unha educación integral, holística e consciente”.

Publicacións Relacionadas