• As actividades, dirixidas a mozas de 5 a 14 anos, desenvolveranse os días 3, 4 e 5 de abril, coincidindo co período vacacional, en horario de 11.00 a 14.00 horas.
O Concello de Miño aposta por fomentar o deporte e a conciliación durante o período vacacional de Semana Santa a través da organización de diferentes actividades deportivas os días 3, 4 e 5 de abril.
Deste xeito, o luns 3, as pistas deportivas da Galea serán escenario dunha sesión de multideporte. Un día máis tarde, martes 4, levará a cabo unha actividade de balonmán no pavillón e o mércores 5 unha nova sesión de multideporte na Galea pechará a programación.
No caso de que as condicións meteorolóxicas desenvolver a programación conforme ao previsto, as actividades programadas na Galea trasladaranse ao pavillón municipal.
As persoas interesadas en participar poderán anotarse ata o día 31 de marzo entregando a folla de inscrición dispoñible na sede electrónica municipal presencialmente no Concello ou enviala a deportes@concellodemino.gal.



