HomeOurenseOurenseCortes de tráfico polas festas de Barrocás

Cortes de tráfico polas festas de Barrocás

- Anuncio -spot_img

A instalación de atraccións e de palcos para as festas de Barrocás obrigan, desde hoxe, a cortar diferentes vías no barrio, segundo informa a Policía Local:

A rúa José Antonio Nieves Conde, onde se emprazarán as atraccións, permanecerá pechada ao tráfico, desde hoxe, e durante toda a fin de semana até o luns.

Venres 17. Desde as 20.00 h córtase a rúa Chano Piñeiro (desde Serra do Eixe) e a rúa Bela Otero (desde Chano Piñeiro) para acoller os palcos para as actuacións musicais.

Cortes perimetrais a partir desa hora e en función do tráfico nas rúas que dan acceso á glorieta de Chano Piñeiro con Carlos Velo, afectando ás rúas Carlos Velo, rúa das Berrocás, e rúa Antonio Román.

Sábado 18. Desde as 16:00 h córtase a rúa Chano Piñeiro (desde Serra do Eixe) e a rúa Bela Otero (desde Chano Piñeiro), zona onde están previstas as actuacións musicais.

Cortes perimetrais a partir desa hora e en función do tráfico nas rúas que dan acceso á glorieta de Chano Piñeiro con Carlos Velo, afectando ás rúas Carlos Velo, rúa das Berrocás, e rúa Antonio Román.

Domingo 19. Desde as 17:30 h, corte parcial da rúa Chano Piñeiro.

Luns 20. Só permanecerá cortada a rúa José Antonio Nieves Conde.

Publicacións Relacionadas