HomeOurenseA piscina Rosario Dueñas acolle, esta fin de semana, o Campionato Galego...

A piscina Rosario Dueñas acolle, esta fin de semana, o Campionato Galego de Inverno de Salvamento e Socorrismo

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, presentou esta mañá, no salón de plenos, o Campionato Galego de Inverno de Salvamento e Socorrismo en Augas Pechadas, que se celebrará na piscina Rosario Dueñas de Ourense o 18 e 19 de marzo.

As probas, que se dividirán entre as categorías Júnior e Absoluto, serán as de 200m natación con obstáculos; 4x50m natación con obstáculos; lanzamento de corda; 100m socorrista; 50m arrastre de manequín e 4x25m remolque de manequín, na xornada de sábado.

O domingo disputaranse as de 200m súpersocorrista; 4x50m relevo combinado; 100m combinada de salvamento; 100m arrastre de manequín con aletas e 4x50m relevo socorrista mixto.

A entrada é aberta.

Máis info: http://fessga.es

Publicacións Relacionadas