O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá o alumnado do CP San José – Josefinas que acadou recoñecementos na XXIV Exporecerca Jove celebrada estes días en Barcelona. A Exporecerca Jove é unha feira de investigación internacional na que mozos/as de E. Secundaria e Bacharelato de todo o mundo presentan os seus proxectos de investigación, difundindo e dándolle a coñecer as súas investigacións ao público visitante.
Os premiados foron:
María Silva, Martín Silva e Sandra García, polo Estudo da toxicidade dos insecticidas e elaboración de repelentes ecolóxicos a partir de plantas espantadoras de insectos -1º Premio Exporecerca Jove categoría A-
Jacobo González, Sarai González e Alba Pérez, polo seu Estudo da viabilidade do repoboamento forestal de bosques queimados mediante ‘heliseeding’ ou BombacSementes -3º Premio Exporecerca Jove categoría A.
Ademais do de Josefinas, alumnado do Parque Tecnolóxico de Ourense foi recoñecido tamén no certame catalán.



