Home A Coruña San Sadurniño abre ata o 31 de marzo o período de solicitudes...

San Sadurniño abre ata o 31 de marzo o período de solicitudes de praza de nova incorporación na EIM A Rolada

- Anuncio -

A falta de confirmar as prazas de reserva, cuxo período de solicitude finalizou onte, a escola disporía neste momento dun total de 23 vacantes: 8 na unidade de 0-1 anos, 9 na de 1 a 2 anos e 6 na aula de 2 a 3

O Concello prégalles ás familias que verifiquen a documentación co persoal do centro antes de rexistrala presencialmente ou a través da Sede Electrónica municipal

Unha vez rematado o período de reserva de praza na EIM A Rolada para o alumnado matriculado no presente curso, o Concello de San Sadurniño abre un novo prazo de quince días dirixido ás solicitudes de nova incorporación. Atendendo ás peticións de reserva rexistradas ata onte, o centro disporía de 8 prazas vacantes na unidade de 0 a 1 ano, 9 na de 1 a 2 anos e tan só 6 para a aula de 2 a 3 anos. As familias que desexen matricular as súas nenas e nenos na escola infantil por primeira vez teñen ata o 31 de marzo para presentar a documentación a través da Sede Electrónica Municipal ou presencialmente na oficina do rexistro. O Concello pídelles ás familias que no caso de facelo en persoa pasen antes pola escola para verificar que non falta ningún papel. No centro -981 490 369- tamén lles solventarán calquera dúbida sobre o trámite e ampliaranlles información sobre o servizo.

Os servizos da EIM A Rolada diríxense preferentemente a familias empadroadas no municipio con nenos e nenas de entre tres meses e tres anos de idade. Só no caso en que haxa vacantes poderá admitir alumnado doutros concellos priorizando aquelas familias que teñan o seu posto de traballo nunha empresa de San Sadurniño.

A escola dispón de 38 prazas distribuídas en tres unidades: 8 na de nenos e nenas de tres meses a un ano, 13 na de criaturas de un a dous anos e 17 na ocupada por cativería de entre dous e tres anos. Unha vez finalizado o período de reservas para o alumnado matriculado este ano, o Concello conta xa con 15 peticións, de modo que, en principio, habería dispoñibles para novos ingresos un total de 23 prazas: as 8 da unidade de 0-1, 9 na de 1 a 2 anos e 6 na aula de 2 a 3.

O horario de apertura máximo é de 8 da mañá a 8 do serán de luns a venres e, dentro del, pódense elixir de catro a oito horas de atención educativa. Esta posibilidade ten, á súa vez, tres opcións: xornada completa, media xornada de mañá (9:00 a 13:00h) ou media xornada de tarde (15:00 a 19:00h).

Ás familias que precisen horas a maiores -sen superar as oito-, que deberán sinalarse nas solicitudes ou en calquera momento ao longo do curso, computaráselles como xornada completa. A parte educativa complétase con servizo de comedor, actividades paralelas e extraescolares e con saídas e excursións dentro do horario de atención, como parte fundamental do currículo do centro.

O servizo de conciliación é gratuíto en canto a matrícula e custes de atención (non así os servizos complementarios como é o caso do comedor). Ademais, en cumprimento da orde autonómica de gratuidade, a Xunta subvenciona unha parte do mantemento e dos servizos educativos, mentres que o Concello asume a outra parte para garantir que a atención sexa realmente de balde para as familias.

A documentación que se deberá presentar pode recollerse na EIM A Rolada. Recoméndase pasar polo centro para verificar que non falta ningún papel antes de rexistralo no Concello, xa sexa presencialmente ou a través da Sede electrónica, onde tamén está habilitado o correspondente procedemento en liña.

Relacionadas

Máis de 1.200 fotógrafos e fotógrafas participaron nas 26 edicións do Certame Fotográfico Xosé...

0
Entregados a Mónica Vila Ferreirós, Antonio Gutiérrez Pereira, José Manuel Pérez Pena e Mª Goretty Vázquez Rodríguez os premios da edición 26ª28/04/2024.  Mónica Vila Ferreirós,...

O Concello subvenciona con 90.000 euros melloras na accesibilidade en tres bloques residenciais da...

0
As achegas municipais permitirán financiar ata o 50% das obras previstas polos veciños e veciñas dos edificios das rúas Almirante Mourelle, Palomar e Barcelona O...

Os XI Premios Juan Mayorga fixeron da Coruña a capital do teatro afeccionado

0
O concelleiro Gonzalo Castro, destacou a importancia das artes escénicas na programación cultural da cidade O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade,...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

O PSOE de Santiago mobilízase en apoio a Pedro Sánchez e “contra as accións...

0
Arredor dun centenar de militantes e simpatizantes concentráronse fronte a Casa do Pobo de Compostela para amosar o seu apoio “rotundo, absoluto e sen...

O Concello de Ponteceso arrastra unha débeda de case 3 millóns de euros, máis...

0
 O goberno local puxo en marcha unha auditoría externa para analizar os servizos e prezos das facturas pendentes de 2020 a 2023  Unha...

Publicacións Relacionadas