Ante a sentenza do xulgado contencioso administrativo Nº 1 de Pontevedra que anula o acordo coa mancomunidade do Salnés para o servizo de recollida do lixo no concello de Meis, e o prexuízo que isto vai ocasionar á veciñanza de Meis, o BNG manifesta o seguinte:
1/ Parécenos inaceptábel que nos decatemos pola prensa de dita sentenza e que a día de hoxe non teñamos unha comunicación formal por parte da equipa de goberno do concello ante o gran prexuízo ocasionado a toda a veciñanza.
2/ Dende o BNG de Meis seguiremos a defender, como até agora, o servizo mancomunado de recollida do lixo até que logremos un servizo público 100%.
3/ Deben depurarse as responsabilidades de esta chapuza administrativa, no concernente o concello de Meis, pois a nosa veciñanza é a afectada. É responsabilidade da equipa de goberno e como tal deben asumilas pois esta mala xestión é algo que se repite como no caso do campo de golf, o contrato da súa cafetería, a xestión dos problemas no albergue de peregrinos ou as facturas impagadas polos múltiples reparos de intervención e a súa costume de non dialogar coa oposición.



