HomePontevedraO SalnésXabier Rodríguez: “A poxa de Conservas Peña é boa ocasión para xestionar...

Xabier Rodríguez: “A poxa de Conservas Peña é boa ocasión para xestionar o recuamento do seu muro para permitir a mellora da circulación e seguridade na rúa Veiga do Mar”

- Anuncio -spot_img

O muro de cerramento actual impide a construción dunha beirarrúa ampla e cómoda que facilite o paso de persoas con mobilidade reducida ou carriños de bebé.

O candidato do BNG á Alcaldía de Vilagarcía, Xabier Rodríguez Paz, comparte a preocupación da Asociación de Veciños de Vilaxoán pola seguridade viaria en distintos puntos negros da localidade. Un destes lugares nos que os peóns están en situación de risco é o entroncamento da rúa Preguntoiro coa de Veiga do Mar, á altura das antigas instalacións da fábrica de Conservas Peña e a propia vía de Veiga do Mar, que dá acceso á Avenida de Cambados. Vimos de coñecer que estes días as naves de Peña foron adxudicadas no IGAPE, en pública poxa, a un grupo inversor ou empresarial da localidade que publicamente afirma “afrontar un ambicioso proceso de expansión que pasa por ampliar as súas instalacións actuais”, obxectivo loábel e beneficioso para o emprego e a economía local, sen dúbida.

É así que, nese conxunto de dúas vellas estruturas que ocupan unha parcela de 13.219 metros cadrados, e que teñen edificados uns 1.631 e 1.300 metros cadrados de superficie, a súa futura intervención deixa marxe á xestión, por parte do Concello, do recuamento do seu muro de cerre para posibilitar unha medida necesaria para garantir a seguridade e o benestar dos peóns que transitan pola rúa. O muro actual impide a construción dunha beirarrúa ampla e cómoda, que permita o paso de persoas con mobilidade reducida ou carriños de bebé. Ademais, o muro dificulta a visibilidade dos condutores e aumenta o risco de accidentes. Unha mellora na rúa que debe facerse realidade nun tempo razoábel.

Publicacións Relacionadas