A Concellalía de Servizos acondicionado a área infantil do Con do Forno con dous columpios
A Concellalía de Servizos traballa estes días na ampliación e acondicionamento de dous parques infantís no municipio nun operativo de posta a punto das áreas de xogo infantil de cara as vindeiras vacacións de Semana Santa.
Trátase do parque do Cabodeiro e da recuperación dunha antiga área de recreo infantil no Con do Forno, donde un temporal que provocou a caída dunha árbore destrozou os elementos de xogo.
O goberno local, segundo indica Luis Arosa, concelleiro de Servizos, decidiu reciclar algúns dos columpios retirado da Praza do Regueiro, que estaban en bo estado. Despois dun operativo de limpeza dous deles instalaranse no Cabodeiro, concretamente un balancín, un columpio para bebés e un elemento de xogo para nenos con mobilidade reducida.
A mesma filosofía se aplica no Con do Forno donde, tamén con operarios municipais, se instalará unha cesta e un balancín. “As nenas e nenos da Arousa agradecen ter cerca das súas residencias zonas nas que xogar e relacionarse e ainda que este é un municipio no que as distancias son cortas con esta actuación o que pretendemos é achegar os parques públicos aos lugares nos que residen os máis pequenos”.



