HomePontevedraDous roteiros feministas dan a coñecer mulleres destacadas de Redondela prácticamente esquecidas...

Dous roteiros feministas dan a coñecer mulleres destacadas de Redondela prácticamente esquecidas ata o de agora

- Anuncio -spot_img

Os roteiros estréanse o venres 17 e entra dentro da programación do 8M de Redondela. Ese mesmo día celébranse as III Xornadas Gemma Pereira Otero. Muller e Igualdade co obradoiro “Con forza de Muller” no Multiusos Piñeiral do Crego en Chapela

O Concello de Redondela continúa coa programación en torno ao 8M, Día Internacional da Muller, nesta fin de semana. Un amplo programa durante todo o mes de marzo que pon o foco de atención sobre a igualdade como eixo imprescindible para acadar unha sociedade xusta.

O venres 17 estrease un dos roteiros que teñen a intención de dar a coñecer as figuras femininas históricas de Redondela e Chapela. A guía profesional Soledad Chayán será encargada de acompañar as participantes falando das mulleres que marcaron a historia do municipio tanto no campo profesional ou intelectual como na vida cotiá.

No caso de Redondela o percorrido arrancará o venres 17 na Praza de Ponteareas ás 19:00 horas para facer parte do percorrido que facían as mulleres represaliadas durante a Guerra Civil. Poderase coñecer máis a fondo mulleres como a propia Gemma Pereira, primeiras muller farmacéutica de Redondela e que da nome ás xornadas, pero tamén outras moitas pioneiras como Ernestina Otero. Tamén falarase daquelas que forman parte da historia local por diversos motivos como Alfonsa Puga Docampo e mestras de moitas épocas.

Eh Chapela o percorrido partirá o domingo 19 tamén ás 19:00 da tarde dende a Alameda de Chapela ata a praia de Arealonga centrándose nas mulleres que traballan no sector do mar como as mariscadoras, traballadoras de Pescanova ou operarias das conserveiras e tamén dos fusilamentos no Alto da Concheiras. A alcaldesa Digna Rivas quere resaltar que “por suposto, tamén falaremos de figuras máis contemporáneas e igual de importantes como a poeta e mestra Sesé Mateo, veciña da parroquia vítima da violencia machista e que da nome aos premios de Xornalismo Ético que convoca o concello redondelán cada ano”.

Máis adiante, o 17 de Marzo celébranse as III Xornadas Gemma Pereira Otero. Muller e Igualdade co obradoiro “Con forza de Muller” no Multiusos Piñeiral do Crego (Chapela) ás 19:00h. Estará impartido por Patricia Do Camiño (Coach certificada ICF, Mentora, Experta en Intelixencia Emocional e Benestar Organizacional) e Isabel Machado (Coach acreditada ICF, Especializada en Intelixencia Emocional & CoachingXvalores, Trainer Points of You e Consultora Condutual).

Publicacións Relacionadas