Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación colaborará co actor e produtor Ruben Riós na próxima edición...

A Deputación colaborará co actor e produtor Ruben Riós na próxima edición do festival Latexos do Rural e no documental e longametraxe “Vivas”

- Anuncio -

Manuel Baltar recibiu esta mañá no Pazo Provincial ao creador ourensán, do que destacou “unha longa traxectoria na defensa do rural a través da cultura”, e con traballos que encaixan “nun dos eixos estratéxicos do goberno provincial como é a promoción da produción audiovisual no noso territorio”

Agradecido pola implicación e compromiso da Deputación, “que sempre estivo aí”, Rubén Riós destacou a función social destes proxectos, deseñados como “unha ferramenta de inclusión tanto no sociedade como no ámbito laboral para colectivos vulnerables”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu esta mañá no Pazo Provincial ao actor e produtor Rubén Riós, co que avanzou o apoio do goberno provincial aos proxectos culturais e audiovisuais que ten en marcha o creador ourensán: o festival Latexos do Rural no Camiño e o documental e longametraxe “Vivas”.

Manuel Baltar felicitou a Rubén Riós por “unha longa traxectoria na que demostra a súa capacidade para defender o mundo do rural a través de distintas expresións culturais”. Un traballo que, ademais, “encaixa nun dos eixos estratéxicos do goberno provincial como é a promoción da produción audiovisual no noso territorio”.

Agradecido pola implicación e compromiso da Deputación, “que sempre estivo aí”, Rubén Riós quixo destacar a función social que cumpren estes proxectos, deseñados como “unha ferramenta de inclusión tanto no sociedade como no ámbito laboral para colectivos vulnerables”. Grazas á colaboración do goberno provincial, engadiu, “conectamos a provincia de Ourense, pola que tamén traballa esta administración, co talento e a paisaxe nuns momentos tan complexos como estes”.

Proxectos promovidos a través da Asociación da Castaña e da produtora Claqueta Coqueta

A través da Asociación da Castaña, Rubén Riós prepara unha nova edición do festival Latexos do Rural no Camiño, unha iniciativa que xurdiu no ano 2021 e que, con diversos escenarios en distintos lugares, mostra ao público “a creatividade inclusiva máis importante no rural ourensán” a través de traballos audiovisuais, teatro ou citas literarias.

Por outra banda e coa súa produtora Claqueta Coqueta, que vén de cumprir 15 anos de actividade, Riós afronta a rodaxe da súa primeira longametraxe, “Vivas” e do documental que a complementa, “Máis vivas”, que abordarán a soidade e a violencia de xénero. Unha produción que terá selo internacional pois terá como localizacións o municipio portugués de Águeda, no distrito de Aveiro, e os concellos ourensáns da Teixeira, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil.

Relacionadas

Varias rúas da cidade pecharán ao tráfico mañá pola mañá polas manifestacións do 1...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que mañá, mércores, día 1 de maio, pola mañá, diferentes rúas da cidade estarán pechadas...

Ourense celebrará este domingo a Festa dos Maios cunha alfombra floral, canto de coplas,...

0
A cidade de Ourense celebrará este domingo, día 5 de maio, a tradicional Festa dos Maios, cunha programación de actividades organizadas pola Concellería de...

A Deputación e a CEO reforzan a súa colaboración cunha nova edición do Plan...

0
O presidente provincial, Luis Menor, na sinatura do convenio que a desenvolverá, recalcou a importancia desta iniciativa “moi acaída para captar persoas que teletraballan...

A Xunta de Goberno aproba a concesión de máis de 250.000 euros para cooperación...

0
A reunión semanal deste órgano aprobou as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a...

A Deputación realizará unha actuación de mellora da mobilidade na contorna do mosteiro de...

0
O ámbito de actuación abrangue un tramo de preto de 200 metros da estrada provincial EP-6107 Diz-Bidueiros-Amedo na que se mellorará o pavimento para...

A vicepresidenta Luisa Sánchez remarca o compromiso da Deputación co deporte na presentación do...

0
A vicepresidenta e deputada de Deportes da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe no Porriño na presentación do VIII Challenge As Rías Baixas,...

Publicacións Relacionadas