HomeVigoBaionaA Concellería de Deportes do Concello de Baiona organiza unha xornada lúdica...

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona organiza unha xornada lúdica de tenis de mesa o sábado 25 de marzo pola mañá

- Anuncio -spot_img

A Concellería de Deportes de Concello de Baiona organiza unha actividade gratuíta de promoción e divulgación gratuíta de Tenis de Mesa. Trátase dunha xornada lúdica que terá lugar o sábado 25 de marzo no Pavillón Municipal de Deportes dende ás 10:00h ata ás 12:00h.

Todas aquelas persoas interesadas en participar na actividade deberán entregar o boletín oficial de incrición no Pavillón Municipal de Deportes de Baiona ou chamar ao teléfono 986 35 65 68 para formular a mesma. Do mesmo xeito, tamén pode facerse vía email a través de deportes@baiona.gal

As prazas son limitadas por riguroso orden de inscrición. O boletín oficial de inscrición está disponible na páxina web do Concello de Baiona: https://www.baiona.gal/cultura/area-deportes/

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona aposta por promover esta actividade de lecer, que é interxeneracional e universalmente coñecida. Así mesmo, desde o deporte base, fomentando o local e cercano, búscase coñecer novas persoas, interactuar e intercambiar ideas ou opinións. Será unha xornada non cometitiva para desfrutar desta disciplina.

Publicacións Relacionadas