Home A Coruña O Concello de San Sadurniño benefíciase dunha axuda de 17.800 euros de...

O Concello de San Sadurniño benefíciase dunha axuda de 17.800 euros de Turismo de Galicia para reparar o muro dos xardíns municipais

- Anuncio -

O consistorio destinará outros 10.000 euros a reforzar a pista da Ribeira, en Igrexafeita, afectada tamén por un desprendemento a raíz dos temporais de comezos de ano

O Concello informou, por outra banda, de que xa se reabriron os sendeiros e o acceso á fervenza do Castro, despois de que Hidroeléctrica Río Castro asegurase a presa do Castelo. Os traballos finais desenvolveranse durante o verán

Os temporais de auga e vento que se encadearon entre finais do ano pasado e o empezo deste produciron múltiples incidencias no territorio, entre elas o desprendemento dunha parte da presa do Castelo -que a concesionaria xa asegurou-, un corremento de terras na pista da Ribeira (Igrexafeita) e tamén o derrubamento dun pequeno tramo do muro perimetral dos xardíns municipais, cuxa reparación se vai levar a cabo con cargo a unha axuda de Turismo de Galicia. As obras están orzamentadas en cerca de 17.800 euros, que se cubrirán ao cento por cento coa achega autonómica.

A concesión provisional da subvención foille comunicada ao Concello hai escasos días e encádrase no programa de axudas dirixidas a municipios de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas.

Os labores de restauración consistirán no levantamento dos arredor de sete metros de muro de cachotaría que se viñeron abaixo a raíz dun dos temporais que lle afectaron á comarca nos primeiros compases deste ano 2023. Trátase dun tramo que se encontra situado na zona oeste do recinto sobre un ribazo de terra máis elevado que o resto do peche perimetral dos xardíns, de aí que un pequeno corremento provocado por varios días de chuvia intensa acabase producindo o derrubamento.

A intervención prevé utilizar na reconstrución o mesmo tipo de material co obxectivo de manter a continuidade visual do peche -suxeito a protección patrimonial-, aínda que soterrando unha base de formigón que asegure a súa estabilidade.

Agárdase contratar os traballos en breve, unha vez que a Axencia Turismo de Galicia confirme a concesión definitiva da subvención e, en todo caso, xa ben entrada a primavera.

Reabertos os accesos á fervenza do Castro
Os temporais de finais de 2022 e inicios de 2023 tamén tiveron como consecuencia un corremento de terras que lle afectou á base da pista da Ribeira, en Igrexafeita, cuxa reparación xa está contratada polo Concello cun investimento próximo aos 10.000 euros.

Porén, o episodio de maior relevancia mediática relacionado coas intensas chuvias foi o desprendemento de máis da metade da presa do Castelo, en Naraío. Un incidente que obrigou a desaloxar unha vivenda e a cortar o acceso á fervenza e ao sendeiro do Castro, como medida de precaución ante posibles subidas súpetas do nivel da auga por mor dunha eventual rotura do encoro.

A empresa Hidroeléctrica Río Castro executou durante o mes de xaneiro unha reparación de urxencia para asegurar a resistencia estrutural da presa. Unha vez consolidado o contraforte, a concesionaria conta finalizar os traballos cara ao verán.

Malia que as obras están polo momento interrompidas en espera do bo tempo, tanto a fervenza do Castro como os itinerarios que percorren a beira do río augas abaixo xa están abertos de novo desde hai unhas semanas.

Relacionadas

Fene contratará 2 peóns/oas forestais con cargo ao programa APROL Rural 2024

0
As persoas traballadoras que se contraten deberán estar desempregadas e inscritas como demandantes de emprego na modalidade de peón/oa forestal O Concello de Fene vén...

O pavillón das Lagoas acollerá mañá a “II Xornada da Liga Galega de Halterofilia”

0
O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou hoxe xunto con Susana Basoa, presidenta do club Gaman, e David Losada, presidente da Federación Galega de...

A III Feira dá Cultura EnCaMiño celebrarase os días 19, 20 e 21 de...

0
● Xa se presentou un anticipo do cartel, con 14 autores e autoras que confirmaron a súa presenza neste evento, que se consolida tras...

O Concello de San Sadurniño e a Casa do Mel organizan un curso de...

0
A área de Desenvolvemento local de San Sadurniño e a Asociación Casa do Mel -quen xestiona o colmear didáctico da Cortiña- ofrecen unha nova...

O proxecto cultural ‘Galicia Latente’ presentarase en Camariñas o próximo martes

0
· O IES Pedra da Aguia acollerá, ás 16:30 horas, a proxección dun documental sobre a Galicia do presente e un coloquio posterior para...

Bienal de Pintura do Eixo Atlântico

0
O Centro Cultural Lustres Rivas acolleu onte a inauguración da exposición Bienal de Pintura do Eixo Atlântico, onde estiveron presentes a Concelleira de Cultura;...

Publicacións Relacionadas