Home Ourense Baixa Limia APRAFOGA homenaxea en Lobios a tres pilotos que traballaban en incendios forestais

APRAFOGA homenaxea en Lobios a tres pilotos que traballaban en incendios forestais

- Anuncio -

A Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia colocou unha escultura e unha placa, e fixo unha ofrenda floral na aldea de Vilameá, nun acto no que participaron máis de 80 personas

A Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (APRAFOGA) celebrou este venres ó mediodía, na aldea de Vilameá, en Lobios (Ourense), unha emotiva homenaxe a aqueles que deron a súa vida na defensa do patrimonio natural e os que loitan pola extinción dos incendios forestais. Máis de 80 personas participaron neste acto, que se organizou en Ourense por ser a provincia galega máis castigada polos lumes, e onde se descubriu unha placa cos nomes dos tres últimos pilotos de aeronaves falecidos. Jorge Manuel Santana Jardim (Portugal) y Maximiliano Plaza Bretón (Salamanca), que morreron en 2020 na serra de Santa Eufemia; e Santiago Durán Alzugaray (Sevilla), que faleceu en Pena Trevinca en 2022.
Nesta homenaxe in memoriam colocouse tamén unha escultura do artista de Lobios Toño Monteiro, discípulo do escultor, pintor e escritor Xaime Quessada, chea de simbolismo sobre a loita contra os incendios forestais. A peza representa a figura dun avión facendo unha descarga de auga e persoal en terra realizando en equipo a extinción dun lume. Seguidamente, fíxose unha ofrenda floral.

Baixo unha chuvia constante, presentou o acto Manuel Ogando, secretario de APRAFOGA a axente medioambiental, que suliñou que “os pilotos dos avións son coma os anxos; sempre que hai un lume veñen e fannos esas descargas arriscando as súas vidas. Máis dunha vez tennos sacados do lume, sen eles sabelo”. Ogando asegurou que a escultura de Monteiro representa o traballo en equipo.
Tamén interviu a alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, que dixo que “hoxe tamén nos acompaña un dos elementos climatolóxicos que cando hai un lume máis desexamos, a choiva. Hai que recoñecer a entrega e o valor de todos os que poñen en risco a súa vida para defender o noso patrimonio natural, as nosas casas e a nosa familia”.
Pola súa banda, o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, afirmou que “estamos aquí para homenaxear ós compañeiros que nos vixían desde o aire e son os máis rápidos en chegar para defender o noso patrimonio natural. Queremos que este monumento sirva que recordar o seu esforzo e a súa dedicación poñendo en risco a súa vida. E quero facer un chamamento a cidadanía para cuidar o noso patrimonio”.
Félix Pérez de la Fuente, presidente de APRAFOGA e axente facultativo medioambiental do Distrito forestal XVI (Deza-Tabeirós), fixo lectura dun manifesto a agradeceu a presenza dos familiares, profesionais do sector e autoridades. “Esta homenaxe nace dos accidentes aéreos ocorridos nos últimos anos; falamos de perdas humanas de persoas que desempeñaban funcións nas labores de extinción de incendios forestais”, explicou. Pérez de la Fuente lembrou que o autor da escultura, Toño Monteiro, agarda que a súa obra “nos concience para aprender e respectar o duro e exemplar traballo destas persoas anónimas que seguirán loitando contra os incendios”.
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, moi emocionado, lembrouse de moitos compañeiros que xa non están. “Me acordaba de Abraham Lincoln que, en 1863, dijo que él no era quien para consagrar ningún cementerio porque la tierra ya está consagrada por la sangre de los que han allí habían dado la vida. Nuestra gente, nuestras familias han consagrado ya esta tierra, pero Galicia tiene una deuda de reconocimiento para todos ellos y nosotros, una deuda de recuerdo. Recordar que nadie está muerto del todo mientras alguien le recuerde. Y ésa es nuestra deuda. Nunca olvidemos los nombres de todos los que han muerto sirviendo a Galicia y al rural. Ese es el mayor homenaje que podemos hacer aquí”, demandou, antes de ler os nomes de varias vítimas mortais: Santiago Durán Alzugaray, Higinio Vivas López, Maximiliano Plaza Bretón, Jorge Manuel Santana Jardim, Íñigo Zubiaga, Rodrigo Amo González, Julio Martínez Silva, Antonio Díaz Díaz y Tomás Scodeller García. “Honor a quien honor merece”, finalizó Manuel Rodríguez.
Tamén falou Maximiliano Plaza, pai do falecido Maximiliano Plaza, que, entre bágoas, deu as grazas a todos os que fixeron posible esta homenaxe, ás familias e ós compañeiros. “Quiero dar las gracias a todos los que han hecho posible esto, en nombre de la familia de Maxi y del resto de los fallecidos”, afirmou.
O presidente da Cámara de Ponte da Barca, o portugués Augusto Mariño, quixo recoñecer a labor dos que dan a súa vida para protexer a dos demais. “Quero dar o meu agradecemento ás familias. Ninguén pode servir ben se non ten o apoio dos seus familiares. Somos un pobo amigo. Estas catástrofes non teñen fronteiras”, afirmou.
Na homenaxe, que rematou cunha ofrenda floral, estiveron presentes Axentes Ambientais; a Asociación de Bombeiros Forestais de Galicia (Apropiga); a xunta rectora da Comunidade de Montes de Río Caldo, que prestou o terreo para a colocación da escultura; a empresa de medios aéreos para a extinción de incendios forestais; o Instituto da Conservaçao da Natureza e das Florestas (Región norte); bombeiros voluntarios de Ponte da Barca; a Cámara Municipal de Ponte da Barca e a Corporación Municipal do Concello de Lobios.

Relacionadas

Comeza o Camiño Mozárabe-Vía da Prata, cun percorrido de cinco etapas durante os domingos,...

0
Un total de 41 peregrinos partiron esta mañá da Ponte Romana cara Cea, primeira etapa de 22 quilómetros, aos que o presidente provincial, Luis...

O candidato Adrián Vázquez cualifica ao Goberno central como “un tapón entre a UE...

0
● Na súa intervención, Adrián Vázquez expuxo sete puntos nos que será preciso incidir para unha próxima etapa en Europa: acabar coa “xestión máis centralizada...

“Correndo por Ourense” chega esta fin de semana ao barrio do Couto

0
O sábado, día 25 de maio, a rúa Dali estará pechada ao tráfico desde as 19.00 horas e a partir das 21.30 h tamén...

A Xunta conciencia á rapazado do Carballiño sobre a importancia dos mercados e das...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu este mediodía no Carballiño a un obradoiro de alumnado de 3º e 4º da...

A Deputación colabora co Plan de axuda á inserción laboral para maiores de 30...

0
A Deputación de Ourense colaborará coa Asociación de Construtores de Ourense (ACO) para colaborar co seu Plan de axuda á inserción laboral para maiores...

A Bola acolle as reunións de traballo do xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés”

0
A Mesa de Calidade Turística neste xeodestino constituíuse coa adhesión xa de 13 servizos turísticos “para continuar coa nosa estratexia de traballar a prol...

Publicacións Relacionadas