Home A Coruña O Concello apoia aos percebeiros de Laxe e da Costa da Morte...

O Concello apoia aos percebeiros de Laxe e da Costa da Morte trala ampliación de zonas de costa para a extracción da mexilla

- Anuncio -

• Desde a Consellería do Mar acordouse ampliar entre 20 e 25 quilómetros adicionais de costa para a extracción da mexilla, semente do mexillón.

O Concello de Laxe quere amosar o seu apoio aos percebeiros e percebeiras das confrarías de Laxe e de toda a Costa da Morte que acudiron na mañá de hoxe, venres 17, ata a xefatura comarcal da Consellería do Mar en Ribeira para participar nunha concentración cuxo obxectivo foi reclamar melloras para o sector.

Esta manifestación prodúcese tralos últimos anuncios por parte da Consellería do Mar de ampliar entre 20 e 25 quilómetros adicionais a zona de costa para a extracción de mexilla (semente do mexillón e tamén base onde medran os percebes).

Desde o Concello agardamos que se chegue a un acordo óptimo entre todas as partes afectadas para que os percebeiros e percebeiras poidan seguir traballando e que non se vexa afectado nin o seu sustento nin tampouco a biodiversidade mariña que caracteriza a nosa zona.

Relacionadas

“En Carballo o teu can é un máis”, nova campaña para fomentar a convivencia,...

0
• A Policía Local realizará ao longo deste mes un labor de información entre as persoas propietarias de mascotas • Nos once anos que leva...

O BNG preguntará no Parlamento polos permisos das obras da igrexa de Dexo

0
A oleirense Iria Taibo preguntará se as obras da igrexa románica contan cos permisos preceptivos e cal é o motivo da súa suspensión Nos pasados...

O Concello de Brión toma medidas para garantir a seguridade na Carballeira de Santa...

0
Tras a caída de parte dun carballo afectado pola enfermidade Armillaria Mellea, o Concello pechará temporalmente a carballeira, fará unha poda de seguridade e...

O espectáculo “A Maxia de Europa”, de EUROPE DIRECT A Coruña, chegará á...

0
A función, con entrada gratuíta, será na Casa da Cultura ás 18:00 h. A Laracha acolle o venres da próxima semana, día 10 de maio,...

O Gran Premio Cantones, mellor proba do mundo de marcha, regresará á Coruña o...

0
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu o premio á mellor organización de marcha atlética do 2023 Está prevista a participación dos principais marchadores do mundo, con...

Constituídas as comisións de traballo da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia...

0
As dúas comisións de traballo da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero quedaron oficialmente constituídas hoxe tralas reunións telemáticas que...

Publicacións Relacionadas