Home O Salnés Meis O PP de Meis proporá á corporación consensuar un proxecto de recollida...

O PP de Meis proporá á corporación consensuar un proxecto de recollida de lixo e limpeza que atenda aos intereses reais dos veciños

- Anuncio -

• Lucio pedirá tamén asumir o compromiso de conxelar as taxas municipais: “Con esta política e a xestión actual, o Goberno local está abocando a unha subida fiscal para pagar o incremento do servizo, que pasou de 125.000 euros anuais a 207.000”.


• Esixirán explicacións na sesión sobre o proceso de contratación do servizo de recollida de lixo e, chegado o caso, se produza unha asunción de responsabilidades.


• Volve a solicitar a Marta Giráldez “que cese no seu empeño de recorrer unha sentencia demoledora, que demostra a súa falta de capacidade na xestión do concello e que o único que vai provocar é que se dilapide máis diñeiro de todos os veciños de Meis en gastos xudiciais”.

O Partido Popular de Meis presentará no próximo pleno municipal unha iniciativa para que o Goberno local e a alcaldesa, Marta Giráldez, expliquen e aclaren todo o proceso e, chegado o caso, se produza unha asunción de responsabilidades, pero tamén proporá adoptar un pacto en favor dos veciños de Meis, para consensuar un proxecto adecuado para prestar a recollida de lixo e limpeza que atenda aos intereses xerais e reais da cidadanía e do concello.

Este pacto pasaría porque sexa a próxima corporación municipal a que adopte os acordos de xeito consensuado, tendo en conta non só a calidade do servizo, senón tamén as frecuencias na recollida do lixo e a limpeza, pero ademais se aposte por conxelar o prezo das taxas, que están fixadas en 54 euros anuais para as vivendas e que desde o PP entenden que é unha cifra que non se debe incrementar. “Con esta política e a xestión actual, o Goberno local está abocando a unha subida fiscal para pagar o incremento do servizo, que pasou de 125.000 euros anuais a 207.000. Coa situación que teñen as familias, é impensable que se lle aumenten as taxas municipais”.

Con todo, para a candidata á alcaldía e voceira do PP, Marta Lucio, “a alcaldesa ten que facilitar todas as explicacións que os veciños necesitan. Teñen que saber por que adxudicou a dedo un contrato que está prexudicando economicamente aos veciños”. Así, recorda que o servizo que se prestaba a través da Mancomunidade do Salnés e que agora é anulado polo Xulgado, custaba un 65% máis que o anterior contrato e se ofrecía o mesmo servicio.

Por iso, volve a solicitar a Marta Giráldez “que cese no seu empeño de recorrer unha sentencia demoledora, que demostra a súa falta de capacidade na xestión do concello e que o único que vai provocar é que se dilapide máis diñeiro de todos os veciños de Meis en gastos xudiciais”.

Finalmente, o PP de Meis lamenta que o BNG saia agora de suposto defensor dos veciños e critique a xestión da alcaldesa neste asunto, “cando realmente sostén a Marta Giráldez e ao PSOE no Goberno de Meis, e a partir de maio, se ten a oportunidade, volverá a facelo sen ningún tipo de dúbida”.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas