Home Pontevedra Soutomaior presenta a XXXV Fesa da Ostra

Soutomaior presenta a XXXV Fesa da Ostra

- Anuncio -

A lectura do pregón correrá a cargo da actríz e presentadora Lucía Veiga

A Casa do Concello de Soutomaior acolleu esta mañá a presentación da XXXV Festa dá Ostra de Arcade. A gran cita culinaria do municipio que se celebrará a primeira fin de semana de abril e que tradicionalmente reúne a máis de 30.000 asistentes que consomen ao redor de 115.000 exemplares do prezado molusco, cifras que o Concello espera superar nesta edición grazas á coincidencia de datas co inicio da Semana Santa. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, detallou esta mañá o programa de actividades acompañado pola edil de Cultura, Noelia Ocampo, e os hostaleiros que participan na celebración.

Declarada Festa de Interese Turístico no ano 2002, a Festa dá Ostra de Arcade supón unha das citas gastronómicas do ano en Galicia e recibe miles de visitantes chegados de toda España. Como vén sendo tradicional, para maior comodidade, tanto dos asistentes como dos encargados dos postos, o recinto da festa instalarase no aparcamento do Peirao de Arcade.

Durante a presentación, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou a importancia desta festividade para a economía local. “Desde o punto de vista turístico e gastronómico, esta festa dálle a Arcade unha proxección internacional incalculable. É un gran impulso para a economía local xa que supón un gran pico de actividade para os máis de 15 establecementos hostaleiros que participan na celebración, ofertando diferentes preparacións da ostra e ampliando o abanico de posibilidades gastronómicas para todos os visitantes”, explicou o rexedor.

Do mesmo xeito, Reguera explicou que, como xa sucedeu nas dúas últimas celebracións, todo o material usado será respectuoso co medio ambiente. “Os vasos, pratos e cubertos, todo é 100% biodegradable e procedente de fontes responsables”, finalizou o alcalde.
Programa
A continuación, a edil de Cultura presentou o programa oficial da celebración e o cartel da edición deste ano, realizado pola artista local Patricia Duarte. “É unha programación que pretende ofrecer actuacións e espectáculos para todos os gustos e públicos. A ostra vívese en familia, cos amigos e cos miles de turistas que nos visitan, é unha festa para todo o mundo”, apunto Ocampo.

Os actos darán comezo o venres 31 de marzo, a partir das 23:00 horas, coa actuación da orquestra “Assia”. O sábado 1 as casetas abrirán as súas portas a partir das doce do mediodía para atender aos primeiros visitantes que gozarán da animación musical da charanga “A cabeza non para”. Xa pola noite, celebrarase a tradicional verbena nocturna con dúas orquestras que prometen ofrecer un espectáculo á altura da celebración, Olympus e Paris de Noia. Ademais, á medianoite, terá lugar a clásica tirada de fogos artificiais desde a praia do Peirao de Arcade.

O domingo 3, día grande dos festexos, as casetas de venda de recoiro abrirán as súas portas mentres as bandas de música “Artística de Arcade” e “Cultural de Arcade” exhibirán os seus dotes polas principais vías da poboación, a partir das 11:00 horas. Os seus clásicos temas populares encherán de alegría as rúas da vila á vez que servirán de reclamo para todos os veciños xa que, ao terminar as actuacións musicais, ás 13:00 horas, terá lugar a soada Lectura do Pregón, que este ano correrá a cargo da coñecida actriz e presentadora do programa “Malicia Noticias”, Lucía Veiga. A partir das 18:30 horas será a quenda para a música coa actuación da charanga 112.

Os prezos establecidos para esta edición son de 10 euros para a ducia de moluscos ao natural e de 8 euros para as racións de empanada. Ademais, como acompañamento poderanse adquirir botellas de viño albariño procedente das tres adegas do municipio.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas