HomeVigoPazos de BorbénPazos de Borbén renova a súa rede de recollida de residuos

Pazos de Borbén renova a súa rede de recollida de residuos

- Anuncio -spot_img
  • O Concello adquiriu 195 novos contedores para mellorar o servizo en todo o municipio
  • O Concello de Pazos de Borbén acaba de levar a cabo unha nova mellora na súa rede de recollida de residuos coa adquisición de 195 contedores. A compra, realizada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, ten obxectivo dotar á rede de colectores suficientes para garantir un correcto servizo en todos os puntos do municipio.
  • A renovación de contedores e o aumento de unidades dispoñibles, indicou o alcalde, Andrés Iglesias, fará que a rede municipal de recollida de residuos “sexa máis flexible #ante posibles incrementos de uso e sobre todo que sexa máis útil para os veciños. Un contedor cheo non é útil, é un problema de salubridade”, explicou o edil.
  • Os novos contedores usaranse para a recollida de residuos xerais e en primeiro termo o seu destino será substituír os que poidan estar danados e para incrementar o servizo onde puntualmente sexa necesario. A tenente alcaldesa, Eloisa Nogueira, destacou que “se trata dunha mellora que non terá ningún custo para o veciños pero que se supoñerá unha mellora substancial do servizo”.

Publicacións Relacionadas