Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación celebra a concesión do XXXIX Premio “Celanova, casa dos poetas”...

A Deputación celebra a concesión do XXXIX Premio “Celanova, casa dos poetas” á Buciños, “un referente senlleiro da nosa cultura”

- Anuncio -

O deputado Pablo Pérez, que acudiu en nome do presidente Manuel Baltar, destaca que con este galardón “recoñécese a traxectoria dun artista fundamental, renovador da escultura contemporánea e especialmente comprometido con Ourense e Galicia”

Pérez destaca a participación da Deputación nunha fundación “que é vital na dinamización cultural da comarca e a propia provincia de Ourense, como demostran as máis de 13.700 persoas participantes nas súas actividades ao longo de 2022”

O deputado provincial Pablo Pérez asistiu esta mañá en Celanova á reunión do padroado da Fundación Curros Enríquez que, entre outros asuntos incluídos na orde do día, acordou conceder por unanimidade o XXXIX Premio “Celanova, Casa dos Poetas”, á Manuel García Vázquez “Buciños”, pola súa “longuísima traxectoria no cumio principal da arte escultórica galega, como transformador que ten sido das formas lisas e apacibles da madeira, o bronce e a pedra, mimetizadas subliminalmente coas da nosa propia orografía das nosas serras e das que emerxen figuras que transmiten sensibilidade e harmonía dun xeito moi persoal”.

Pablo Pérez, que asistiu á convocatoria en representación do presidente Manuel Baltar, celebrou a concesión deste galardón a Buciños, “fillo adoptivo da provincia de Ourense, un referente senlleiro da nosa cultura, un artista fundamental pola súa renovación da escultura contemporánea e especialmente comprometido con Ourense e Galicia”.

O deputado tamén subliñou a participación da Deputación de Ourense na Fundación Curros Enríquez, “vital na dinamización da comarca e a propia provincia de Ourense, como demostran as máis de 13.700 persoas participantes nas súas actividades ao longo de 2022 e cun fondo legado de compromiso cultural no que ten, e terá, sempre ao seu carón ao goberno provincial”.

A reunión do padroado da Fundación incluíu na súa orde do día a presentación da memoria de actividades correspondente ao pasado ano, a aprobación dos orzamentos para o presente exercicio e o programa de actividades para 2023.

O padroado da Fundación Curros Enríquez está presidido polo Concello de Celanova e forman parte do mesmo a Deputación de Ourense, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, A Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, as universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, ademais dunha vintena de persoas a título particular procedentes dos máis diversos ámbitos.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

A Deputación dedica o seu “8 de maio” á muller artesá, representada por Inés...

0
Inés Rodríguez agradeceu esta iniciativa que “contribúe a dar visibilidade ao traballo da muller no medio rural, especialmente nas profesións culturais e creativas, poñendo...

A Deputación colaborará coa AEPA para facer de Ourense a primeira provincia nacional de...

0
Así o acordaron Luis Menor e David Martínez, presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autonómos de Ourense (AEPA), nunha reunión de traballo no...

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

Publicacións Relacionadas