Home A Coruña O Partido Popular de Arzúa lle solicita ao goberno local que confirme...

O Partido Popular de Arzúa lle solicita ao goberno local que confirme se hai un incumprimento do contrato no servizo so SAF, e se os usuarios deben ceder o seu teléfono particular para a fichaxe das traballadoras

- Anuncio -

• Nos preocupa que os veciños teñan que implicarse en cuestións laborais da empresa.

Logo de recibir unha comunicación por parte dun sindicato, CGT, de que se están a incumprir algúns dos puntos do contrato de licitación do Servizo de Axuda no Fogar, dende o Partido Popular de Arzúa lle trasladamos por rexistro ó goberno local o pasado venres este feito.

Segundo parece, debido a que actualmente o persoal que realiza o servizo non dispón doutro medio para fichar o inicio da quenda de traballo nos domicilios dos usuarios que reciben os servizos, como teléfonos móbiles de empresa, as traballadoras estarían obrigadas a realizar as chamadas á empresa dende os teléfonos fixos en cada domicilio, verificándose así o horario e que realizan o seu traballo nos mesmos.
Para Rafael Rivadulla, voceiro do grupo municipal popular, “xa non é só un tema de custo das chamadas dende os domicilios, pois en moitos casos pode ser nulo ou irrelevante, senón que se estaría a implicar aos usuarios e ás súas familias en cuestións laborais entre unha empresa e as súas traballadoras”.

Por este motivo lle solicitamos ao goberno local de AxA-PSdG que confirme se é certa a información, ou se ten algún tipo de xustificación esta actuación.

Relacionadas

O BNG apoia as reivindicacións da ANPA do CEIP O Grupo de Ribeira

0
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifesta o seu apoio ás demandas da Asociación de Nais e Pais Santa Uxía do CEIP O Grupo de...

Convenio entre o Concello e o Grupo de Investigación en Cambio Ambiental da UDC...

0
As primeiras actividades desenvolveranse este mes, dentro do programa Medrando con Apego e na II Feira do Día da Muller e a Nena na...

Ponteceso adicará a totalidade dos fondos do POS a financiar gasto corrente

0
O goberno local indica que “o único que pretende é mellorar a saúde da casa de todos os pontecesáns”. O Concello de Ponteceso celebra mañá...

Camariñas destina 470.000 euros do Plan Único a diferentes obras e gasto corrente

0
● O goberno local levará mañá, mércores (16:30 horas), a pleno a proposta para a súa aprobación. ● Os proxectos son: a segunda fase da...

O bus de doazón de sangue de ADOS recalará este venres pola tarde en...

0
A Unidade Móbil de Doazón de Sangue visitará Neda o venres 7 de febreiro. Durante toda a tarde, de 15:30 a 21:00 h, permanecerá...

María Rivas pon en valor a mellora na seguridade cidadá da Laracha, cunha baixada...

0
 A subdelegada e máis o alcalde, José Manuel López, repasaron os datos de seguridade no concello, que melloraron con respecto ao ano pasado ...

Publicacións Relacionadas