• NESTA II FEIRA DE ACUICULTURA TERÁN LUGAR MÁIS DE TRINTA XORNADAS, PRESENTACIÓNS E SHOWCOOKINGS DURANTE OS SEUS TRES DÍAS DE CELEBRACIÓN, DO 28 AO 30 DE MARZO
• O EVENTO NON SÓ CONVERTERÁ AO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA NUN GRAN ESCAPARATE DESTE ÁMBITO PRODUTIVO, SENÓN TAMÉN NUN INTERESANTE FORO DE COÑECEMENTO
A feira internacional de acuicultura AquaFuture Spain´23, a cal terá lugar do 28 ao 30 de marzo no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, moi próximo a Santiago de Compostela), será un interesante foro de coñecemento.
Así, ademais da súa gran área expositiva, contará cun ambicioso programa no que terán cabida máis de trinta actividades nas que participarán sesenta recoñecidos expertos relacionados co ámbito da acuicultura a nivel nacional e internacional, ademais do gastronómico.
Un dos atractivos principais de AquaFuture Spain´23 serán as súas xornadas técnicas, que este ano profundarán máis naqueles aspectos claves para a sustentabilidade e o crecemento do sector da acuicultura. No seu marco abordaranse os “Instrumentos de financiamento para a acuicultura sostible”, a “Economía circular aplicada á acuicultura”, “Oportunidades de mercado internacional de acuicultura”, “Medidas de adaptación ao cambio climático en acuicultura”, “Benestar animal e sustentabilidade”, “Solucións tecnolóxicas en transporte e almacenamento no ámbito da acuicultura” e o “Uso responsable do plástico no sector acuícola”.
Temas que serán expostos por máis de trinta expertos de empresas e entidades de gran relevancia, entre eles a Asociación Empresarial de Acuicultura de España (APROMAR), o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), a Fundación Biodiverdidad, as Universidades de Vigo e Santiago de Compostela, a Axencia Nacional de Desenvolvemento da Acuicultura de Marrocos (ANDA), o Instituto para o Crecemento Sostible da Empresa (ICSEM), a Plataforma Tecnolóxica e de Innovación da Acuicultura Europea (EATIP), o Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC), o Instituto Tecnolóxico do Plástico (AIMPLAS), o clúster de acuicultura Acuiplus, MØRENOT, JJChicolino, ABANCA Mar ou HIPRA.
Presentacións e showcookings
AquaFuture Spain´23 collerá tamén un completo programa de presentacións conducidas por preto dunha trintena de profesionais do sector. Algunhas delas serán “Acuicultura de precisión ao servizo do produtor”, “Prototipo innovador de usos múltiples que combina enerxía renovable en alta mar e acuicultura na conca atlántica”, “Incubadora de alta tecnoloxía especializada en biotecnoloxía azul e acuicultura”, “Patoloxías virais transmitidas por consumo de moluscos bivalvaos”, “Dixitalización en acuicultura off-shore”, “Calidade da auga como factor clave na bioseguridade en acuicultura”, “Vantaxes das nanoburbullas en acuicultura”, “Sistemas de captación de mejilla”, “O uso de probióticos en pensos para larvas de peixes mariños, unha historia de éxito” ou “Solucións tecnolóxicas para o tratamento de efluentes de acuicultura”.
Por outra banda, tras o éxito da pasada edición, repetiranse as sesións de cociña en vivo, as cales permitirá coñecer e desfrutrar de exquisitos pratos elaborados con produtos de acuicultura.
Así, a Xunta de Galicia, baixo o seu “Galicia sabe aMar” e de man do chef José Manuel Mallou ofrecerá diferentes elaboracións coa Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia e con conservas de peixes de acuicultura de ANFACO-CECOPESCA. Pola súa banda, o SPECG Cabildo de Gran Canarias organizará un showcooking no que Juan Santiago Fuentes elaborará ceviche de robaliza marinada cítrica con espirulina, batata e crocante de millo, ademais de sashimi de dourada con costra de espirulina servida con pomelo, laranxa e leituga de mar.
Así mesmo, Mariscos Sálvora/Nabatea e o chef Mario López Alonso, ofrecerán aos asistentes crema e croquetas de mexillón e tamén pementos recheos deste molusco. Sumaranse Acuisost e Miguel Mosteiro con elaboracións baseadas en dourada e troita.



