Home A Paradanta A Cañiza Co Plan ReacPon, A Cañiza desfruta por fin dunha piscina "exemplar e...

Co Plan ReacPon, A Cañiza desfruta por fin dunha piscina “exemplar e vangardista” cunha actuación que garante a súa eficiencia enerxética e sostibilidade económica

- Anuncio -

Carmela Silva: “Esta piscina, que non ten nada que ver co que había, vai converterse nun referente para todo o Condado-Paradanta; é un exemplo de obra ben feita e vai dar moita calidade de vida á veciñanza”

Luis Gómez Piña: “Arrancamos un novo período da piscina para o seu funcionamento nos vindeiros vinte anos que foi posible grazas á Deputación”

Tras unha rehabilitación moi ambiciosa, que practicamente supón unha nova piscina, e despois de anos pechada A Cañiza recupera este importante equipamento cunha solución de vangarda que por fin garante a súa sostibilidade enerxética e económica para o futuro. A presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde Luis Gómez Piña veñen de participar, xunto a representantes da corporación local e do persoal municipal, así como da firma construtora, na inauguración destas obras de climatización, eficiencia enerxética e actuacións executadas nas instalacións da piscina, nas que se investiu preto de 900.000 euros e que foron impulsadas cos recursos do Plan ReacPon da Deputación. Nos vindeiros días realizaranse xornadas de portas abertas para que a veciñanza coñeza a nova instalación antes da súa próxima reapertura.

Pechada no 2020 coa pandemia, a piscina era unha instalación inviable para o Concello, xa que, segundo sinalou o alcalde, acumulaba un déficit de 1,4 millóns de euros nos últimos anos. A actuación desenvolvida agora co ReacPon permitirá unha xestión sostible do equipamento público, cun aforro enerxético en toda a instalación que pode chegar ao 60%, como destacou a presidenta provincial. Carmela Silva quixo subliñar que aínda que se trata dunha rehabilitación, “esta piscina non ten nada que ver coa que había anteriormente. É unha piscina do século XXI, moderna e acolledora, cuns acabados moi coidados de altísima calidade, onde se sinte o benestar que vai poder desfrutar a veciñanza. Vaise converter nun referente non só da Cañiza, senón de toda a comarca do Condado-Paradanta; é un exemplo das actuacións ben feitas e vai dar moita calidade de vida ás e aos veciños da Cañiza”. E remarcou que “a xente ten que ter dereitos, servizos e dotacións viva onde viva, é a forma de que se quede no territorio, dispoñer de aquelo que demanda como se vivira nunha gran cidade”.

Carmela Silva felicitou ao alcalde e ao Concello por apostar pola sostibilidade nesta obra, “porque neste século temos que construír equipamentos fermosos que respondan ás demandas da xente, como unha piscina, atendendo ás demandas medioambientais do planeta”. Tamén felicitou á empresa construtora pola súa execución e ao persoal municipal por todo o traballo que ten desenvolvido “para que despois dun período arduo e complexo hoxe poidamos ver esta piscina en todo o seu esplendor”. “Esta instalación consumía moitísima enerxía e era moi complicado mantela, e esta era a remodelación que había que facer”, indicou, tras destacar tamén as actuacións na nova zona de benestar da piscina e os próximos investimentos que prepara o Concello para mellorala aínda máis.

Neste senso, o alcalde Luis Gómez Piña, destacou que coa actuación realizada “arrancamos un novo período da piscina para os vindeiros vinte anos e é grazas á Deputación e ao Plan ReacPon que fomos capaces de arrancar e afrontar a obra”. Explicou que xa se está a planificar noutros traballos para afrontar nos vindeiros meses, como son os de carpintería e vidros ou o modificado do sistema do filtrado de auga. O rexedor agradeceu o traballo do seu equipo e dos e das traballadoras do Concello ata chegar á reapertura. “Tivemos que tomar a difícil decisión de pechar a instalación, pero o compromiso era buscar unha fórmula para reabrila e dedicamos moitas horas, visitas de persoal técnico, de empresas, para, ao final, atoparlle o enfoque –explicou-.”. Neste senso, louvou a aposta da Deputación polos concellos, “porque estamos a recibir achegas, a través do Plan Concellos e das distintas iniciativas e soporte que presta aos municipios”.

Explicou que a actuación realizada na piscina centrouse “en tratar de achicar o máis posible os problemas que presentaba”. Así, apuntou que se reduciu nun 40% o volume da auga e que se prescindiu da piscina pequena, cuxo espazo ocupa agora unha sala de ximnasio con distintas actividades. No vaso da piscina elevouse a altura, que quedou en 1,20 e 1,30 metros “adecuada para o desfrute da mesma” e acometéronse obras na cuberta, amais da reestruturación dos paneis solares. O Concello recibiu unha importante achega de máis de 700.000 euros de fondos europeos, concretamente a través do PIREP, para as obras.

O proxecto
Amais das citadas actuacións, acometeuse a substitución da caldeira de calefacción de gasóleo, que estaba en estado moi precario, por modernas caldeiras de pellets, renovouse a envolvente de todo o edificio con sistema de illamento térmico para garantir a eficiencia enerxética e substituíuse o lucernario existente sobre o vaso da piscina principal por paneis de policarbonato. Tamén se demoliu o graderío lateral para habilitar unha nova sala termal (espazo “wellness”), que consta de jacuzzi, tumbonas, sauna e baño turco, e renováronse as instalacións dos vestiarios. A obra completouse coa renovación da iluminación, agora de tipo led de alta eficiencia.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas