HomeOurenseO alcalde de Ourense celebra a instalación da fonte termal na contorna...

O alcalde de Ourense celebra a instalación da fonte termal na contorna dos Remedios, pero lamenta que a Xunta só presente ‘calderilla’ para a cidade de Ourense

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense comparou os 117.000 euros de execución da fonte termal fronte aos 1.000 millóns do novo hospital na Coruña ou os 800 millóns de Vigo.

“Todo o que sexa facer inauguracións é bo”, asegurou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, na visita á nova fonte termal instalada pola Xunta de Galicia na contorna dos Remedios, “pero criticamos que é un investimento nimio, unha calderilla”.

O rexedor, que fixo estas declaracións xunto á conselleira de Mobilidade e Infraestruturas, Éthel Vázquez, manifestou o seu agrado polo remate dun proxecto encargado por arquitectos da nosa cidade -”tiveron moito gusto”, dixo-, unha obra que se complementa “con actuacións que fixemos desde o Concello, coma a mellora da zona deportiva e verde exterior dos Remedios, que axuda a embelecer a zona”. Porén, tamén lle comunicou a mala noticia: “Chama a atención que a Xunta de Galic ia faga este despregue de medios para un investimento de pouco máis de 100.000 euros”.

Así, comparou os investimentos noutras cidades galegas, caso da Coruña, “onde falan de 1.000 millóns para un novo hospital, ou dos 800 millóns para a estación intermodal de Vigo, mentres aquí inauguran unha fonte de 100.000 euros.” Por iso, rematou o alcalde, “dicimos que Ourense é a cincenta de Galicia e esta actuación así o demostra”.

Publicacións Relacionadas