• Taboada descobre que a casa social xunto a igrexa de Arnego está construída con diñeiro público nun terreo privado dun veciño.
Taboada está totalmente asombrado da forma de actuar de Jesús Otero nos seus anos como alcalde, cada día que pasa descóbrense novas irregularidades de difícil explicación.
Taboada quería utilizar a casa social de Arnego, como almacén provisional edescubriu que esta casa social está construída nuns terreos particulares que segundo os datos obtidos pertence ao señor M.R. o cal o está utilizando como alpendre, onde garda as súas colleitas e forraxe.
Taboada está indignado con esta situación e encargarase persoalmente de aclarar esta situación, porque segundo Taboada, “de ser certo que Jesús Otero construíu unha edificación con diñeiro público en Arnego na leira do señor M.R. para o servizo en exclusiva deste veciño, e que figura como propietario da parcela onde está construída, non so e pouco ético e pouco moral senón que é ilegal”, por este motivo atopámonos diante un asunto da máxima gravidade.
Jesús Otero terá que dar explicacións urxentemente de porque se inviste o diñeiro de todos os veciños e veciñas de Vila de Cruces en favorecer o pedáneo, e construírlle unhas instalacións na súa leira, máis si cabe cando a filla de este home foi na lista da candidatura de Otero, algo que non tería importancia segundo o Tenente de Alcalde Julio López, “se fose casualidade”, pero aquí apreciase que se están pagando favores cos cartos dos veciños e veciñas de Cruces.
Taboada confirmou que si Jesús Otero non dá as explicacións pertinentes, acudirá aos tribunais para que o explique diante dun Xuíz, e porque usou diñeiro público para beneficiar o pedáneo da parroquia de Arnego.



