Home A Coruña Ata o día 30 de marzo, para presenta-los microrrelatos ó concurso Igualdade,...

Ata o día 30 de marzo, para presenta-los microrrelatos ó concurso Igualdade, conta comigo!

- Anuncio -

As actividades deseñadas arredor do Día Internacional da Muller, que se conmemora cada 8 de marzo, continúan en marcha na Pobra do Caramiñal. A Concellaría da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), lanzou unha ampla programación cunha especial énfase nos eidos educativo e social.

A segunda edición do concurso Igualdade, conta comigo! marca a compoñente literaria. Trátase dun certame de microrrelatos orientado á poboación adolescente e adulta para fomentar uns valores baseados na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e eliminar comportamentos e actitudes que manteñen os estereotipos de xénero. Repartirá 600 euros en premios e o prazo de presentación mantense aberto ata o día 30 de marzo. Preténdese así impulsar un exercicio de reflexión, sensibilización e difusión.

As bases están ó dispor en www.apobra.gal.

Relacionadas

Laxe contará un ano máis cunha Bandeira Azul na súa praia urbana

0
• A Adeac anunciou hoxe os areais que contan con este distintivo, entre os que se encontra a Praia de Laxe • Desde o Concello...

247 persoas presentaron solicitudes para un total de 734 nichos e 37 columbarios no...

0
Os veciños e veciñas que tiñan realizado a petición con anterioridade, e que reiteraron o seu interese, terán preferencia na adxudicaciónO Concello de Carballo...

O GES de Brión inicia unha poda de seguridade na Carballeira de Santa Minia

0
Guiados por técnicos especializados, os traballadores do Grupo de Emerxencias Supramunicipal comezaron esta mañá a podar as copas e ramas máis altas para evitar...

Publicado o novo regulamento do Consello Municipal de Mocidade “para recuperar un órgano inactivo...

0
A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude vén de publicar o novo regulamento de funcionamento interno do Consello Municipal de...

O Museo Valle-Inclán pobrense rememora as estadías do literato en Navarra un século despois

0
O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, o Foro Galicia e Valle-Inclán e o Centro Internacional de Prensa de Galicia promoven unha serie de...

Máis de trescentas cincuenta persoas participaron no XXXI Encontro de Maiores do Concello de...

0
370 veciños e veciñas tomaron parte na edición número trinta e un do Encontro de Maiores de Boqueixón, celebrada este sábado 4 de maio...

Publicacións Relacionadas