Home A Coruña A Xunta concede 20.000 euros ao concello de Vilarmaior para a mellora...

A Xunta concede 20.000 euros ao concello de Vilarmaior para a mellora exterior dun inmoble municipal destinado a usos sociais

- Anuncio -

Este financiamento outórgase ao abeiro da orde de axudas do Goberno galego para a corrección de impactos paisaxísticos

A Xunta de Galicia concedeu 20.000 euros ao Concello de Vilarmaior para a mellora exterior dun inmoble municipal destinado a usos sociais, ao abeiro da orde de axudas do Goberno galego para a corrección de impactos paisaxísticos.

Durante unha visita que realizou hoxe ao edificio no que se levará a cabo a actuación, o director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Enrique de Salvador, salientou o compromiso do Concello coa protección da paisaxe ao recorrer a esta liña de financiamento, posta en marcha polo Goberno galego en 2021, para actuacións que permitan corrixir e mellorar o aspecto exterior de vivendas, edificios e equipamentos públicos municipais deteriorados polo paso do tempo e por unha insuficiente conservación.

Deste xeito, a intervención prevista consistirá no desmonte da cuberta existente para a colocación de novos paneis de dobre chapa de aceiro e illamento interior. Na fachada, ademais do pintado, revestiranse con morteiro de cemento os paramentos e instalarase un novo portón de chapa de aceiro galvanizado con equipo de motorización. A maiores, renovaranse os canlóns e as baixantes.

Cómpre lembrar que a Xunta concederá este ano 1 millón de euros en axudas a preto de medio cento de concellos para apoialos no financiamento de máis de 60 obras e actuacións que contribúan a mellorar a imaxe exterior de edificios públicos, equipamentos e outros elementos e instalacións de titularidade municipal, reducindo deste xeito o impacto paisaxístico que poden causar sobre a contorna.

A maiores, De Salvador recoñeceu o esforzo municipal para seguir mellorando este inmoble. De feito, o alcalde, Carlos Vázquez, trasladoulle a intención de levar a cabo unha segunda fase nas obras de rehabilitación coa instalación de placas solares no edificio co obxectivo de avanzar cara á eficiencia enerxética.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas