Home A Coruña Laxe prepárase para a Semana Santa con varias propostas de conciliación

Laxe prepárase para a Semana Santa con varias propostas de conciliación

- Anuncio -

• O Concello colabora coa SD Laxe, a SUP Mera Laxe e D’Troula nun conxunto de actividades deportivas e culturais dirixidas á rapazada.

A Semana Santa de Laxe é un dos eventos máis importantes celebrados no municipio a todos os niveis: relixioso, cultural, patrimonial e social. No ámbito deportivo e lúdico, diversas entidades organizan unha serie de campamentos, en colaboración co Concello, dirixidos á rapazada e que se desenvolverán en horario de mañá, de 10:00 a 13:00 horas.

Dentro deste programa de conciliación haberá tres iniciativas, entre as que se atopa o Campus de Tecnificación de fúbol organizado pola SD Laxe.

Do 3 ao 5 de abril, Borja Facal e José Antonio Moreira dirixirán este conxunto de actividades enfocadas aos adestramentos específicos para porteiros e xogadores. Os grupos serán reducidos e no plan inclúese equipamento do campus e un almorzo saudable.

Esta iniciativa vai destinada á rapazada de entre 6 e 14 anos e terá lugar no campo municipal Rogelio Martínez. O custo do campus queda establecido en 30 euros para os xogadores da SD Laxe e 40 euros para o resto. Estas cantidades deberán ingresarse na conta bancaria ES06 2080 0050 3630 4000 5284 co seguinte concepto: CAMPUS DE TECNIFICACIÓN – NOME E APELIDOS DO PARTICIPANTE.

As inscricións poden formalizarse a través deste formulario, no teléfono 981 706 903 ou vía mail (julio.torreira@laxe.es / sdlaxefutbol@gmail.com).

Por outra banda, SUP Mera Laxe organiza do 3 ao 7 de abril unha programación para nenos e nenas de entre 6 e 16 anos. Ofrécense clases de paddle surf, kayak, slickline, sendeirismo ou actividades lúdicas. Todas elas terán lugar na praia de Laxe.

A cota é de 55 euros para o alumnado empadroado e 65 euros para o que non o está. As inscricións poderán formalizarse ata o 30 de marzo na oficina de deportes do Concello ou a través das redes sociais de SUP Mera Laxe.

Outro dos campamentos que se desenvolverán na localidade atópase o posto en marcha por D’Troula. Entre o 3 e o 6 de abril, as persoas nadas antes do 2019 poderán participar en actividades multideportivas, un taller de Pascua, manualidades, xogos ou rutas, entre outros.

A cota é de 35 euros e haberá dispoñibles un total de 20 prazas. Inscricións previas antes do 29 de marzo.

Relacionadas

Paderne rememora a “enorme transcendencia” de Francisco Vales Villamarín na inauguración da remodelación do...

0
 O alcalde, Sergio Platas, lembrou a enorme pegada do cronista e quixo agradecer a “insistencia” de Emilio Vila na instalación do monólito hai...

Neda pon en valor a calidade, variedade e sabor dos produtos das panaderías locais

0
O Concello destaca a importancia do sector no municipio como xerador de emprego O Concello de Neda impulsou este domingo dúas novas catas no marco...

Queres saber de que van falar os científicos e científicas que participan no primeiro...

0
Os días 13, 14 e 15 de maio enchemos de ciencia o bar do Mercado, o Bodegón e o Valle-Inclán coa colaboración de oito...

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Publicacións Relacionadas