HomeOurenseO Concello aproba a convocatoria de subvencións a proxectos de benestar social,...

O Concello aproba a convocatoria de subvencións a proxectos de benestar social, que destinará 325.100 euros a iniciativas das asociacións e entidades sen ánimo de lucro da cidade

- Anuncio -spot_img

Recorrerá a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 que estima o recurso dunha central sindical en materia de horarios

A Xunta de Goberno Local deu conta esta mañá dun total de 34 asuntos achegados por diferentes áreas e servizos municipais

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense, reunida esta mañá no salón de plenos, aprobou a convocatoria de subvencións de Benestar Social para o ano 2023, dotada cun orzamento de 325.100 euros. As axudas darán apoio a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para desenvolver programas, proxectos o actividades de interese, promoción social ou de utilidade pública no ámbito dos servizos sociais. Nesta sesión, ordinaria desta semana, a Xunta Local deu conta dun total de 34 asuntos achegados por diferentes áreas e servizos municipais. Entre eles, as bases da convocatoria para seleccionar os proxectos que desenvolverá o Concello nos centros cívicos, en dúas modalidades: para persoas adultas e para nenas e nenos; e as actividades para persoas maiores do programa de Avellentamento activo.

Na parte de Avogacía Consistorial, a Xunta Local acordou recorrer a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Ourense que estima o recurso dunha central sindical en materia de horarios.

Asuntos sociais (4). Aprobáronse as bases reguladoras da convocatoria pública para a selección de proxectos de tres programas municipais: Actividades de centros cívicos para nenos e nenas 2023-24; Actividades de centros cívicos para persoas adultas 2023-24; e actividades do Programa de Avellentamento Activo 2023-24 do Concello.

Igualmente, apróbase a convocatoria de subvencións de Benestar Social 2023, cun orzamento de 325.100 euros. A presente convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, está destinada a financiar programas, proxectos o actividades que, sendo considerados de interese, promoción social ou de utilidade pública para o Concello de Ourense no ámbito dos servizos sociais, promovan as asociacións e entidades sen ánimo de lucro. Ditos programas, proxectos ou actividades deberán ir dirixidos prioritariamente a persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade social.

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes desde o día seguinte á publicación do extracto das bases no Boletín Oficial da Provincia.

Licenzas urbanísticas (10). Concedéronse licenzas para a remodelación dun edificio na rúa Colón; para a demolición e baleirado de entreplanta na rúa Arcedianos e, á súa vez, para o proxecto de rehabilitación para a construción de dous apartamentos nesa mesma entreplanta; para os proxectos de remodelación de tres vivendas unifamiliares en distintos puntos da cidade; para o proxecto de instalación dun ascensor nun edificio da rúa Santa Eufemia; e para o baleirado do terreo edificable e a construción de muros de contención en Ervedelo. Por outra banda, libéranse 726 euros en concepto de abono de custas xudiciais e, finalmente, desestimouse o recurso de reposición presentado por unha mercantil contra un acordo anterior de Xunta de Goberno.

Patrimonio (14). O Concello requírelles a diversos particulares diferentes sumas polos danos causados en bens de titularidade municipal: 2.128,35 euros polos ocasionados por un vehículo nun farol no barrio das Lagoas; 85,14 euros polos causados nun fito da rúa Goya; e 160,03 euros polos orixinados nun sinal vertical na rúa do Tinteiro

Estimáronse as reclamacións de responsabilidade patrimonial polos danos ocasionados nun vehículo pola caída dunha árbore na rúa San Francisco (e recoñécenselle 978,72 euros en concepto de indemnización); polos danos ocasionados nun vehículo polo guindastre municipal na avenida de Marín (167,78 euros); polos danos ocasionados nun vehículo como consecuencia dunha tapa de boca de rego na rúa Alfredo Brañas (1.978,63 euros); e polos danos ocasionados nun inmoble a consecuencia da actuación dos bombeiros (102,99 euros).

Por outra banda, declárase finalizado o procedemento de responsabilidade patrimonial e arquivado o expediente pola reclamación por danos nun vehículo por alcance dun valado de obra, trasladando o caso ao Xulgado do Contencioso Administrativo.

Elévase ao Consello Consultivo de Galicia a proposta de desestimar unha solicitude de responsabilidade patrimonial por unha caída na rúa Nosa Señora da Saínza, por non concorrer os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización.

Igualmente, considérase desistida unha veciña da súa reclamación por danos causados logo dunha caída na rúa Florentino Cuevillas; e tamén se dá por desistido un veciño da cidade que reclamaba danos causados no seu vehículo.

Desestímanse as reclamacións presentada polas lesións sufridas como consecuencia de caídas na rúa do Progreso e na avenida de Zamora, respectivamente, ao non ser o Concello a administración competente para resolvelas. Inadmítese, pola súa parte, unha reclamación por un corte de auga na rúa Santo Domingo.

Rehabilitación, VPP e Peris (1). Concédese unha subvención para a rehabilitación dunha vivenda na rúa Benito Fernández Alonso, dentro da ARRU Polvorín, Camelias, Carballeira correspondente ao Plan Vivenda 2018-2021, para financiar as obras de reforma do baño, por un importe de 5.601,50 euros.

Avogacía Consistorial (5).

A Xunta Local acordou recorrer a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Ourense que estima o recurso dunha central sindical en materia de horarios. Tamén deu conta doutras dúas sentenzas: unha delas desestima o recurso dun particular que reclamaba unha indemnización polos danos sufridos no seu vehículo; e outra, ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, estima o recurso de apelación presentado polo Concello e anula unha multa coercitiva de 1.000 euros.

Por outra parte, o Concello deberá presentarse, en calidade de demandado, nun procedemento relacionado co Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. Ademais, deuse conta dun decreto que dá por desistido un recorrente, finalizando o procedemento que iniciara.

Publicacións Relacionadas