Home A Coruña Xa hai gañadoras do Enreguéifate 2022-23!

Xa hai gañadoras do Enreguéifate 2022-23!

- Anuncio -

Xa coñecemos as regueifas premiadas na sexta edición do certame

Enreguéifate, o proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír por medio dela á promoción do uso da lingua galega. Como en edicións anteriores, o certame contou con dúas categorías: unha xeral, para calquera persoa, e outra escolar, para o alumnado dos centros educativos galegos non universitarios; e cun total de seis premios en cada unha das categorías: á regueifa máis brava, á máis aguda, á máis diversa, á máis reivindicativa, á mellor cantada e á mellor falada.

O xurado, composto por Socorro García Conde, técnica de normalización lingüística do Concello de Santiago; Carme Pereiro, normalizadora lingüística do Concello de Carballo; Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; e Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro; tivo que valorar un total de 43 regueifas, 35 delas inscritas na categoría escolar e 8 na xeral. Poden verse todas na canle de Youtube do certame e tamén na web.

Este foi o resultado das votacións:
Categoría Xeral
• A máis brava: Os e as regueifeiros de Compostela – “Tempo de notas”
• A máis aguda: Iván e Aroa – “Regueifa da Adolescencia”
• A máis diversa: Intercontinental – “Café con leite”
• A máis reivindicativa: Arrieiro e Chaminho – “A regueifa pedra Angular- freestile”
• A mellor falada: Escola de regueifa de Carballo – “Fachenda da nosa terra”
• A mellor cantada: Chámame lexión – “Regueifa co espello”
Categoría Escolar
• A máis brava: Vivantistas de Dodro – “Interxerando”
• A máis aguda: Alumnado de 2º B do CEP Xosé Neira Vilas – “A Neira Horta”
• A máis diversa: Clase de 1º B do CEIP Quiroga Palacios – “Superheroes do cotián”
• A máis reivindicativa: Regueifeirxs chairegxs – “Regueixornal”
• A mellor falada: Uxía e María do Camballón – “A nosa lingua”
• A mellor cantada: 6ºA CEIP Agro do Muíño – “Rosalía”

O 14 de abril terá lugar a entrega de premios. Será na Gala Enreguéifate-Regueifesta, un acto que vai celebrarse no Auditorio de Galicia, en Compostela, e que suporá un final de festa conxunto dos dous proxectos educativos. Reunirá un milleiro de persoas, entre escolares e alumnado improvisador chegado de diferentes puntos de Galicia e de centros educativos de Euskadi e Cataluña.

Conducida por Manolo Maseda, Séchu Sende, Lupe Blanco e Olalla Liñares, a gala será unha viaxe polo mundo da improvisación oral en verso, na que tampouco faltará a música en directo.

Que é o Enreguéifate?
O certame Enreguéifate celebra xa a súa sexta edición, fiel ao seu obxectivo inicial: que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclúe accións formativas para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro anual de regueifa.

Relacionadas

A Pobra premiará as vivendas mellor decoradas polo Nadal

0
Un ano máis, as vivendas mellor decoradas da Pobra do Caramiñal terán premio co V Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas no seo...

Leiva actuará o próximo 12 de xullo no ciclo Coruña Sounds 2025

0
O Goberno de Inés Rey volve a apostar polas grandes actuacións musicais na cidade durante o verán Leiva actuará na cidade no verán do 2025...

O Coworking Miño lanza a súa web para facilitar o acceso a emprendedores, autónomos...

0
O Coworking Miño, un espazo clave para o impulso do emprendemento rural e a innovación na rexión, anuncia o lanzamento da súa nova páxina...

Accidente de tráfico na rúa Praia Xardín, no concello de Boiro

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro participaron ás 02:20 horas desta madrugada nun operativo provocado pola colisión dun vehículo contra outro que...

Ribeira homenaxea o legado das Irmandades da Fala cun acto conmemorativo

0
O Bloque Nacionalista Galego e a plataforma social Vía Galega realizarán en Ribeira este sábado, 23 de novembro, ás 11:00 horas, un acto especial...

Fene prepárase para o 20º Slalom Scratch, cita imprescindíbel do automobilismo galego

0
O evento celebrarase este sábado 23 de novembro no circuíto urbano de San Valentín A proba reúne 83 participantes, igualando o récord histórico de edicións...

Publicacións Relacionadas