HomeVigoNigránO concello de Nigrán achegará 30.000€ para melloras nos cimiterios privados de...

O concello de Nigrán achegará 30.000€ para melloras nos cimiterios privados de Nigrán

- Anuncio -spot_img

A partida orzamentaria será aprobada no pleno ordinario deste luns 27 de marzo para a continuación asinar cadanseu convenio se desexan acollerse ás axudas

O Concello de Nigrán conta só con dous cemiterios municipais, o do Ceán e Parada, os outros 6 son privados

“Ao igual que nos pasados anos colaboramos coas comunidades de augas, agora, tras a petición dos propietarios de Panxón, consideramos pertinente establecer estas outras axudas”, explica o alcalde, Juan González

O Concello de Nigrán outorgará por vez primeira axudas económicas aos cemiterios privados do municipio que así o requiran. Con este fin, consignará 30.000 € no vindeiro pleno ordinario do luns 27 de Marzo. A partir de aí, asignaranse convenios con cada un dos 6 cemiterios que se desexen acoller a estas subvencións destinadas a mellorar as respectivas instalacións (o Concello ten só a titularidade de dous, o do Ceán e o de Parada, os demais son privados).

“Ao igual que nos pasados anos colaboramos coas comunidades veciñais de augas, agora, tras a petición dos propietarios de Panxón, consideramos pertinente establecer estas outras axudas”, explica o alcalde, Juan González, quen incide na problemática de Panxón, onde a comunidade de propietarios non dispón dos cartos suficientes para solventar problemas como a recollida correcta de pluviais. “Non cabe dúbida de que dous cemiterios públicos para todo o municipio resultan insuficientes, por iso consideramos que debemos colaborar con estes camposantos de titularidade privada que compensan a capacidade dos nosos”, explica o alcalde, Juan González, quen incide en que os cartos “serán para as obras de mellora que eles determinen”, como no seu momento sucedeu coas comunidades de augas.

Publicacións Relacionadas