Home Pontevedra Baixo Miño O Camiño Portugués bateu rexistros no mes de febreiro con 779 peregrinos...

O Camiño Portugués bateu rexistros no mes de febreiro con 779 peregrinos e peregrinas

- Anuncio -

Dende Tui partiron 185 camiñantes, sendo o terceiro lugar máis escollido para saír cara Santiago de Compostela

Ao longo do pasado mes de febreiro a Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago de Compostela entregou un total de 779 ‘Compostelas’ a peregrinos e peregrinas que realizaron o Camiño Portugués. Estes datos baten os rexistros de peregrinos de calquera outro ano, cun incremento do 36% respecto aos 571 peregrinos do pasado ano 2022 ou do 60% en relación aos 478 peregrinos do Camiño Portugués en febreiro de 2019.

Este notable incremento tamén se experimenta no Camiño Portugués da Costa, que no seu trazado oficial en Portugal chega a Valença e Tui, e tamén no Camiño Francés aínda que neste caso cunhas porcentaxes de incremento de camiñantes moito máis moderadas.
No que atinxe aos lugares de saída dos peregrinos e peregrinas a cidade de Tui con 185 peregrinos ocupa o terceiro lugar elixido polos peregrinos de calquera Camiño no pasado mes de febreiro tras as localidades de Sarria (847), no Camiño Francés, e de Porto (281) no propio Camiño Portugués. Cabe sinalar que sumando os 162 peregrinos que comezaron a súa peregrinación en Valença, na Eurocidade Tui – Valença comezaron o Camiño Portugués o 44,50% dos peregrinos, en concreto 347 camiñantes.

Para o alcalde tudense, Enrique Cabaleiro, a consolidación do incremento nos datos de peregrinos polo Camiño Portugués, xa apuntada no pasado mes de xaneiro, é unha excelente noticia para a nosa cidade que ten no Camiño Portugués unha das súa referencias culturais e turísticas. Como apuntan tamén os datos estatísticos da Oficina Municipal de Turismo, a gran maioría dos peregrinos neste mes son de procedencia estranxeira cunha notable presencia de visitantes alemáns.

O rexedor tudense reitera a necesidade de ser conscientes do reto que supón para os axentes implicados na xestión do Camiño Portugués estes datos e as expectativas que suscita para este ano 2023, e iso reclama de todos un esforzo para mellorar as condicións da acollida aos peregrinos que se achegan ata Tui dinamizando á vida social e económica da nosa cidade, porta histórica dos Camiños Portugueses a Santiago.

Relacionadas

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

Publicacións Relacionadas