O candidato á alcadía de Vilaboa e portavoz municipal do PP, Alberto Acuña, presentou un paquete de emendas aos orzamentos para este ano 2023 en Vilaboa.
Acuña, que foi xunto ás súas compañeiras de filas, crítico coas contas presentadas polo PSOE e o BNG, preparou unha serie de medidas e partidas orzamentarias que buscan dar cabida a todos os colectivos que César Poza esquece nas súas contas pactadas co BNG.
Lamentan que, “síganse copiando as achegas do partido popular ao orzamento de 2021 , pero nada máis , hai moitos sectores vilaboenses que seguen necesitando a axuda do concello”.
Acuña lamenta que só a asociación da mocidade de Vilaboa , vinculada ao BNG incrementa as partidas , mentres outras non “que non piden os 12.000€ que dá ao Canteira fest, piden simplemente un incremento xusto e en consonancia cos tempos que corren e a inflación”
As medidas que Acuña presentan recollen investimentos tales como a de 20.000€ para a escola infantil para dotala de climatización , un incremento da partida de 10.000€ para o deporte basee, l vos pouco mais de 20.000€ para incrementar a cobertura do SAF para chegar a mais usuarios ou mesmo os 6.000€ de subvención para as actividades culturais en festas parroquiais, os 20.000 para a escola de música de Vilaboa ou os 19.000 para AC Cobres , os 15000 para o convenio coa confraría e o o aumento ao ampa nos 10.000 para promocionar o comedory a conciliación e os seus actos.
Partidas que como aseguran, distan moito dos 12.000€ que dan ao canteira fest e que con todo, farán moito máis por mellorar a vida dos veciños que un festival que nin deixa investimento no concello, nin ninguén quere preto.
Acuña lamenta que o BNG se contete con que o orzamento municipal riege aos seus afíns , mentres esta en xogo o benestar dos veciños de Vilaboa
As partidas consegidas no orzamento 21 están obsoletas, só a confradia a mesma adquisición de semiente válelle un 38% mais , co convenio á banda de música conseguiuse abaratar matricúlalas e cotas ás familias , coa inflación tívose que subir cotas e ocasiono baixas na escola.



